EU Narón pola eliminación do "carrusel de ponys" e os espectáculos con animais das festas locais do noso concello.
Dende Esquerda Unida de Narón recordamos que o Pleno do Concello declarou a Narón "Cidade Libre de Circos con Animais" o 30 de Decembro, entendemos que a utilización de animais durante as festas locais debe entenderse dentro desta normativa, e o concello debe negar o permiso para este tipo de atraccións.
Narón converteuse en “Cidade Libre de Circos con Animais” en decembro, sendo así o trixésimo primeiro concello galego en aprobar esta iniciativa que levou Esquerda Unida a pleno xunto coa asociación animalista LIBERA, e apoiada por 20.000 sinaturas recollidas dende esta asociación.
Cunha veciñanza cada día máis concienciada contra o maltrato animal o Concelleiro de EU Narón André Abeledo recibiu varias chamadas de veciñas e veciños indignados o ver que na festa do Alto do Castaño (Narón) tiñan instalado un “carrusel de ponys".
Neste tipo de atraccións os animais permanecen atados e son obrigados a xirar en circulo sen descanso, rodeados de xente, ruído, e musica, e sofren un estrés constante.
Dende Esquerda Unida defendemos que os animais non deben ser vítimas de maltrato ou violencia, como tampouco deben estar suxeitos a actos que supoñan sufrimento físico ou psicolóxico, que teñan consecuencias e tradúzanse en alteracións do comportamento. Ningún municipio debería permitir o maltrato animal como espectáculo.
“Hai pasos sinxelos que cada un de nos pode seguir para eliminar a explotación de outros seres. Un destes pasos consistiría en negarnos a visitar os circos que usen animais. Cando os vexo cautivos nos circos, penso na escravitude. Os animais nos circos representan a dominación e a opresión contra as que temos loitado durante tanto tempo. Eles cargan cos mesmos grilletes e cadeas.”. (DickGregory, activista polos dereitos civís).
Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Concelleiro: André Abeledo Fernández | andre1474@gmail.com
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
1 de maio de 2016 23:18
________________
Foto: Carrusel con ponis en una feria de verano. Foto: Partido Animalista (PACMA).
Enlace relacionado:
Coa chegada do verán, proliferan as feiras populares e, nelas, unha atracción perversa: os carruseis de ponys para nenos. É perversa porque nada pode atraer máis a un neno que subirse a un pony e dar voltas sobre el. Pero a maioría dos nenos non querería facelo si soubese que ese pequeno animal, que produce tenrura e aparenta tranquilidade, está-o pasando moi mal. Si aos nenos contáseselles a verdade. | Non hai nada máis triste que os cabaliños pony. | Nas feiras populares de verán proliferan os carruseis con ponys, atraccións infantís que supoñen un severo sufrimento físico e psicolóxico para estes pequenos equinos. | Peticións impulsadas por particulares e denuncias de organizacións protectoras conseguiron que moitos municipios españois prohiban esa crueldade. | Por Ruth Toledano Follow @ruthtoledano. | publicado en elDiario.es 15.08.2014 | Ir a Web.
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon