sábado, xuño 11, 2016

Andaina 2016 de por + vida (Asociación oncohematolóxica), este domingo 12 de Xuño desde as 10 da mañá na Praza do Concello de Fene - Andaina conmemorando este ano o 8º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica - Participa !!


ANDAINA de POR+VIDA 2016
DA ASOCIACIÓN POR+VIDA DE FENE
PARA O VINDEIRO DOMIGO 12 DE XUÑO


ANDAINA 2016

Por + Vida é unha asociación oncohematolóxica, que nace no ano 2011 a raíz da participación de vari@s enferm@s de cáncro nun programa pioneiro de exercicio físico no concello de Fene dende o ano 2008, onde destacamos a súa orientación a paliar a fatiga polos tratamentos de cancro e da propia enfermidade. Creamos esta asociación sen ánimo de lucro co fin de impulsar a actividade física e uns hábitos de vida saudables, así como servir de apoio ou soporte emocional a outras e outros pacientes intentando mellorar a súa calidade de vida.

Cada ano aumenta a participación e as actividades desenvolvidas coa fin de involucrar ao público de todas as idades. Tamén consideramos que todas as asociacións de enfermos perseguen os mesmos obxectivos (información, apoio e calidade de vida) e nos gustaría que outras agrupacións participen tamén neste tipo de actos de interese xeral.

Dentro das nosas actividades destacamos unha, por antigüidade, que é a Andaina conmemorando este ano o 8º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica. Este ano será o vindeiro domingo 12 de xuño a partir das 10 horas, durante toda a xornada de mañá na praza do concello de Fene.

Horario da xornada:
  • 10.00 a 10.30 horas > Recollida de dorsais e benvida.
  • 10.30 a 11.30 horas > Andaina cun percorrido doado dunha hora.
  • 11.30 a 12.00 horas > Carreira Infantil e entrega de premios.
  • 12.00 a 12.30 horas > Exhibición do Club Ximnasia Ferrolterra.
  • 12.30 a 12.45 horas > Lectura do Manifesto e entrega simbólica do donativo deste ano.
  • 13:00 horas aproximadamente remate da xornada.
Máis datos dun xeito resumido da nosa asociación:

Tamén formamos parte de GEPAC (Grupo Español de Pacientes con Cáncer) unha organización composta por diferentes organizacións de pacientes oncolóxicas/os unidos para compartir experiencias e recursos e ter unha única voz ante os diferentes axentes sociais e sistemas de saúde.

Colaboramos con outros colectivos en temas de saúde, mesas redondas para amosar o noso punto de vista e vivencias durante o cancro e despois desta enfermidade, unha vez superada a enfermidade, intentando levar unha “vida normal” contar a nosa experiencia, porque creemos que a información é moi importante de cara intentar mellorar a calidade de vida. Colaboracións coa universidad de Santiago en cursos de verán ou na formación de docentes para temas de estética para mellorar a autoestima, de gran importancia durante e despois da enfermidade, por medio de colaboracións conxuntas co Balneario de Guitiriz (Lugo).

Incluimos participacións incentivando o deporte dende a organización da nosa actividade máis coñecida como é a Andaina que este ano celebra o seu  8ª edición e a colaboración en iniciativas como a CARREIRA DA MULLER na cidade de A Coruña, CARREIRA CONTRA O CANCRO organizada pola AECC de Ferrol, 1º CARRERA DE ASOTRAME, ANDAINA en As Pontes e outro tipo de actividades físicas onde intentamos a participación en grupo.

A esto sumamos a organización de charlas sobre temáticas concretas do cancro  e as súas variantes, a concienciación de levar unha vida o máis saudable posíbel.

Tamén imos incorporando outras activicades como por exemplo talleres /obradoiros para as socias e socios (manualidades, reposteria cun profesional de renome na comarca, arte floral,...), e quen queira apuntarse, espacios onde nos xuntamos e socializamos, intentando apoiarnos unhas/uns en outras/os e aprender cosas novas. Este ano engadimos nas nosas actividades as clases de pilates

Temos un Blog: pormaisvida2011.blogspot.com
e pódesnos atopar en Facebook e en twitter @Pormaisvida.
--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 639 788 038
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
8 de junho de 2016 10:51

__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon