Este sábado 11 de Xuño de 2016, celebrara-se en Ferrol o Encontro/Asemblea 2016 de Foro Galego de Inmigración, no Ateneo Ferrolán, un encontro coas portas abertas á participación ao tecido asociativo solidario e a toda xente de ben, boas e xenerosas que queiran contribuír a que se faga xustiza nun mundo onde temos que berrar con forza e petar na conciencia da xente que ningún ser humano é ilegal e onde todas as persoas somos inmigrantes. Desde Ártabra 21, saúdamos as compañeiras e compañeiros que van participar neste evento na nosa cidade e desexamos o mellor a tanta solidariedade e compromiso. Igual que queremos aledar-nos da saída tan digna do acoso e derribo que estaba padecendo a compañeira Laura Bugallo que despois de 7 anos e 5 xuízos, onde foi procesada pola súa actividade a prol das persoas inmigrantes sen papeis, a solidariedade estendida internacionalmente por todos os territorios e en especial na Galiza, puido variar unha resolución xudicial satisfactoria que acabou con anos de incerteza.
O Foro en Ferrol
O Encontro/Asemblea 2016 que o Foro Galego de Inmigración celebrará ese sábado 11 de Xuño cunha ampla participación de representantes das asociacións, entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración.
Ademáis desenvolveremos un Acto Público Reivindicativo ás 13:00 na zona dos Cantóns, despois dunha Manifestación polas rúas máis céntricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas, que teñen os seus dereitos gravemente recortados e que mesmo son perseguidas nas nosas vilas e cidades.
Despois dun xantar compartido, pola tarde celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo, aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com
Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
10 de junho de 2016 15:31
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon