O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol denuncia no Xulgado de Ferrol a próxima entrada dun gaseiro cargado de GNL
Ante a inminente chegada dun gaseiro cargado con GNL a nosa Ría, representantes das Asociacións: Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Mehá” de Mugardos, Asociación Cultural FUCO BUXÁN, de Ferrol er a asociación ecoloxista ADEGA, de Ferrolterra, integradas no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentaron ante o Xulgado de Ferrol a seguinte denuncia:
A planta de regasificación de REGANOSA, localizada en Punta Promontoiro, no Concello de Mugardos, non dispón de autorización para o seu funcionamento por sentenzas firmes do Tribunal Supremo que foron comunicadas ás distintas Administracións.
Temos coñecemento, a través do Xestor Técnico do Sistema Gasístico (ENAGÁS), que, coa pleamar do día 19 de xuño, ten prevista a entrada o buque gaseiro “Castillo de Villalba” na Ría de Ferrol e o posterior atraque no pantalán de REGANOSA, para descargar gas natural licuado que será almacenado nos tanques de que dispón esta empresa e que posteriormente sería incorporado ao Sistema Gasista do Estado
Todas estas operacións entrañan un risco para as poboacións próximas e supoñen un evidente menosprezo ás decisións do máis alto Tribunal do Estado, feitos que poderían constituír un delito de desobediencia á autoridade; contra a ordenación do territorio e contra a seguridade colectiva. Esta actitude reincidente -posto que é o terceiro buque que realiza estas operacións tras as sentenzas citadas- motivou xa unha denuncia pola nosa banda ante o xulgado de garda o día 21 de maio deste ano.
Consideramos responsables destas actuacións ao Capitán Marítimo de Ferrol: Jorge Cao, ao Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao: José Vilariño, ao Director de REGANOSA: Emilio Bruquetas, e ao Director Xeral do Xestor Técnico do Sistema Gasista de ENAGAS.
Ferrol, a 17 de Xuño de 2016.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de junho de 2016 17:25
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon