mércores, xuño 15, 2016

Desestimada a pretensión de Reganosa e da Administración do Estado, de declarar a nulidade das actuacións da Sentenza firme do Tribunal Supremo (Nº695/2016) que anula a autorización administrativa previa para a instalación da planta de gas e no seu lugar que se acordara desestimar o recurso de casación interposto pola representación da Plataforma Veciñal de Mehá, integrante do Comité Cidadán de Emerxencia

Tags


Desde Ártabra 21, chamamos ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a todo o movemento opositor á planta regasificadora, para que, neste último e perigoso tramo -de máis de 16 anos da duración da travesía, non se baixe a garda e se reforce a atención en todos os frontes, de resistencia e ofensivos, contra o despropósito gasista ilegal e perigoso que representa Reganosa, instalada no corazón da nosa Ría, só posíbel con corrupción política e económica.


Auto do Tribunal Supremo

A Sala Terceira do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, nun auto de aclaración con data de 25 de maio de 2016, desestimou "o incidente de nulidade de actuacións..." promovido pola representación da empresa Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA), contra a Sentenza que anula a autorización administrativa previa para a instalación da planta de recepción, almacenamento e regasificación de Mugardos. Sentencia (Nº695/2016) firme fallada o 28 de Marzo de 2016, e que o facía estimando un recurso de casación das entidades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, contra Sentencia  da Sección 6ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM), do 12 de Novembro de 2012, ditada no recurso contencioso-administrativo Nº35/2004.

A representación da Administración do Estado e a de Reganosa pretendían, con esta presentación de incidente, a declaración de nulidade de actuacións que concluíron na a Sentenza que anula a autorización administrativa previa para a instalación da planta de gas e no seu lugar que se acordara desestimar o recurso de casación interposto pola representación da Plataforma Veciñal de Meá, integrante do Comité Cidadán de Emerxencia.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a través da Plataforma Veciñal que a integra, formulara, neste acto, alegacións coas que se opuxo ao incidente de nulidade das actuacións. Alegando que o erro aducido, por Reganosa e a Administración do Estado, relativo á data en que se modificou o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos non era relevante, nin determinante para o fallo, como así estimou o alto Tribunal.

Detalle do Auto de Aclaración do tribuna sentenciador mencionado con data de 25 de Maio de 2016:

Así as cousas, o erro advertido na sentenza non resulta relevante, nin determinante do fallo, pois subsisten con plena validez as consideracións que se expoñen no mesmo fundamento xurídico cuarto da nosa sentenza no sentido de que tanto a Modificación Puntual nº4 do Plan Xeral de Mugardos aprobada o 12 de Xuño de 2012 como a desestimación do recurso contencioso-administrativo dirixido contra ela, por sentenza da Sección 2ª da Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 23 de decembro de 2015 (recurso 4661/2012), son "...feitos posteriores á presentación da solicitude e á resolución administrativa que outorgou a autorización".
..........................
En consecuencia, ningunha razón seadvirte para declarar a nulidade de actuacións de conformidade co previsto nos artigos 240 e 241 da Lei Orgánica do Poder Xudicial e 228 da Lei de Enxuizamento Civil.
...........................
PARTE DISPOSITIVA

A SALA ACORDA: desestimar o incidente de nulidade de actuacións promovido pola representación de Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA) sen impoñer as costas deste incidente a ningunha das partes.

Así se acorda e firma.

A Sala do Contencioso, no auto de aclaración mencionado, sostén que "a sentenza recorrida non toma en consideración esa modificación da formulación urbanística, nin a menciona sequera, pois a sala de instancia únicamente alude a unha anterior modificación do plan xeral". Pois manifesta que o mencionado erro nas datas "non resulta relevante, nin determinante do fallo, pois subsisten con plena validez as consideracións que se expoñen".

Texto completo do Auto de Aclaración do Tribunal Supremo denegando o  Recurso de REGANOSA á sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa (Recurso de Casación 599/2013). | Acceder/Baixar.

As tres sentenzas firmes do TS contra Reganosa:
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia)
  • Sentenza do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).

Todo sobre loita contra o despropósito que representa Reganosa que está postado en Ártabra 21. | Acceder.
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon