mércores, xuño 22, 2016

Esquerda Unida Narón presenta unha Moción para o Pleno deste mes coa intención de declarar "Narón cidade libre de desafiuzamentos" e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada


EU Narón presenta esta Moción para o Pleno deste mes.

Esquerda Unida presenta unha moción para declarar a

"NARÓN CIDADE LIBRE DE DESAFIUZAMENTOS"
e POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA E ADECUADA
.

EU Narón solicitará a aprobación dos seguintes acordos no pleno deste mes:

PRIMEIRO.- O pleno do concello declara Narón como “Cidade Libre de Desafiuzamentos”.

SEGUNDO.- Creación dun servizo municipal de vivenda coas seguintes funcións:

  1. Estudo de elaboración dun Plan Municipal de Vivenda que recolla dun xeito real e efectivo a demanda de vivenda que hai no termo municipal e as características e tipo de demanda.
  2. Orientación xurídica e práctica en materia hipotecaria e de alugueres.
  3. Seguimento e avaliación dos casos de afectados por procedementos de execucións hipotecarias ou  de desafiuzamentos por aluguer, en colaboración cos Servizos Sociais.
  4. Rexistro de demandantes de vivenda.
  5. Elaboración dun censo de vivendas baleiras (propiedade, estado, localización, características, dispoñibilidade, …).
TERCEIRO.- Que o Concello se comprometa a que ningún corpo de seguridade e emerxencias municipal colabore na execución de desafiuzamentos (nomeadamente Policía Local e Bombeiros).

CUARTO.-  O Concello garantirá a aplicación dos protocolos e normativas derivadas do  Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (fegamp) sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social, asinado o do 8 de Abril de 2013.

QUINTO.- Instar o Goberno de España á modificación do ordenamento xurídico estatal que garanta a paralización dos desafiuzamentos, a dación en pago e o efectivo dereito a vivenda.

SEXTO.- Trasladar o presente acordo á Xunta de Galicia.

SÉTIMO.- Trasladar o presente acordo ao Goberno de España.

"Dende EU Narón entendemos que hai que garantir o dereito a unha vida digna, e a vivenda debe ser un dereito e non un privilexio, ningunha familia debe quedar na rúa por non poder pagar as súas facturas, as traballadoras e traballadores en paro son vítimas e non culpables dunha crise provocada polos que mais teñen e que pagamos os de sempre".

"Moitos traballadores con salarios de miseria non son capaces de chegar a fin de mes, ocorre que ter traballo xa non garantiza saír da pobreza, unha traballadora ou traballador con 600 euros de salario ou menos, e con cargas familiares, non pode pagar un alugueiro de 300 ou 400 euros e vivir dignamente, vense obrigados simplemente a sobrevivir".



Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Portavoz: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de junho de 2016 23:45

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon