sábado, agosto 06, 2016

Un amplo respaldo político acompañou onte a rolda de prensa do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol - Son xa catro as sentenzas do Tribunal Supremo favorábeis ao Comité Cidadá de Emerxencia, sentenzas que o goberno en funcións, intenta burlar eximindo a Reganosa de cumprir coa legalidade - Vídeo completo de todo o acto

Tags


Un amplo respaldo político acompañou onte a Rolda de Prensa / Acto Público do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Representantes de Em Marea, Ferrol en Común, BNG e PSOE, escenificaron onte o rechazo ao movemento efectuado tanto polo goberno de Mariano Rajoy, como polo executivo de Feijoo en Galiza, que por parte do Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Manuel Angel Rodríguez Carballeira, cualificouse como desacato. Estando tamén presentes na mesa Luz Marina Torrente e Carlos Álvarez en representación do Comité Cidadán.

Son xa catro as sentenzas favorábeis ao Comité Cidadá de Emerxencia, sentenzas que o goberno en funcións, intenta burlar eximindo a Reganosa de cumprir coa legalidade. O Coordinador do Comité, desmentiu tamén a información de Reganosa difundida en moitos medios, conforme tiñan un novo Plan de Emerxencia Exterior, vixente desde o 2013. Rodríguez Carballeira, asegurou que ese mesmo feito ven contestado pola última sentenza do Supremo, dado que ese Plan de Emerxencia é só unha ampliación do do 2007, agora ilegalizado polo Supremo, e insiste a sentenza, que a empresa debe dotarse dun novo plan, conforme ás “novas autorizacións que di ter”.

Iolanda Díaz, deputada no Parlamento Español por En Marea, anunciou a inclusión do debate sobre Reganosa nas Comisións do Parlamento que están por constituír, alentando ao Comité a que estea presente como observador neses debates, e mostrándose esperanzada en poder conseguir os apoios políticos necesarios para gañar esas votacións.

Suso Basterrechea en representación do grupo municipal de Ferrol en Común, reiterou o apoio ás reivindicacións do Comité Cidadá de Emerxencia, condenando as actuacións do goberno de Mariano Rajoy e de Feijoo.

Iván Rivas do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol, subliñou a necesidade de defender os recursos da comarca que están representados na Ría de Ferrol. Nese sentido apuntou que as actuacións do goberno en funcións, ademais de evitar que Reganosa cumpra coa legalidade, está a apresurada licitación do tren a Caneliñas, polo trazado máis lesivo que sacrifica a enseada d'A Malata. E na Ría de Pontevedra, a ampliación a 60 anos do funcionamento de ENCE.

Beatriz Sestallo, Secretaria Xeral do PsdeG-PSOE, e en representación do Goberno do Concello de Ferrol, fixo un relato da actuación opaca da Autoridade Portuaria, onde se encontra representando ao Concello de Ferrol, en relación a todo o que ten a ver con Reganosa. “Negan a documentación que se lles solicita”, e mesmo as contas da propia Autoridade Portuaria, demostran que Reganosa non trae beneficios, senón que é unha rémora para a economía desta comarca.

Rodríguez Carballeira cerrou o acto, anunciando que instarán aos alcaldes da comarca a encetar accións legais contra Reganosa, e agradecendo tamén as actuacións que a eurodiputada Lidia Senra, está levado adiante ante o Parlamento Europeo e a propia Comisión Europea.


https://www.youtube.com/playlist?list=PLrPIPWtHB4YlVkFjLLlymuhqpmemMKob_


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

---

Catro sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra Reganosa:
  • Sentenza 1966/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26.07.2016 | Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  •  Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Estima o recurso contra sentenza do TSJM e declara nula a resolución que aproba o proxecto de execución de instalación de Reganosa. | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Estimar recurso contra sentenza do TSJM, polo que debe ser anulada a Autorización Administrativa Previa para a instalación de Reganosa. | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Ratificando a sentenza do TSXG que anula aresolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. |  Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).

___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon