sábado, xaneiro 14, 2017

A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do pasado 21 de decembro non deixou indiferente a ninguén: Documentos prácticos sobre a clausula chan


Documentos prácticos sobre a cláusula chan.
Un manual de como detectar a cláusula chan nas nosas hipotecas e un escrito de reclamación de devolución de todo o noso diñeiro e os correspondentes intereses, para que podamos presentalo ante as entidades financeiras.


As primeiras filtracións do Real Decreto que previsibelmente se ía a aprobar no Consello de Ministros e que finalmente quedaron adiadas, anuncian que non será unha batalla fácil (Fala-se de que o decreto que quere consensuar o goberno con PSOE e C's, permitiran compensar aos bancos as débedas, derivadas da estafa das claúsulas chan, coas cotas de amortización pendentes)... é o resto que?.

A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do pasado 21 de decembro non deixou indiferente a ninguén. A banca viuse acurralada, ao Goberno pillóuselle "in fraganti" tapando as vergonzas da banca e o Tribunal Supremo sufriu unha nova perdida de lexitimidade, como sucede cada vez que se pronuncia o Tribunal Europeo.

A sentenza vén darnos a razón, unha vez máis, e confirma o que vimos sinalando desde fai moitos anos, as execucións hipotecarias son ilegais, as hipotecas están cheas de cláusulas abusivas e iso supón que se executaron centos de miles de desafiuzamentos de forma ilegal. Onte mesmo, un maxistrado do propio Tribunal Supremo sentenciou que "as execucións hipotecarias que teñan como causa a aplicación dunha cláusula chan son nulas, e o desafiuzado debería recuperar a súa casa".

Ante esta realidade, desde a PAH volvemos a elaborar un "Kit" que contén respostas ás dúbidas máis frecuentes sobre este asunto, un manual de como detectar a cláusula chan nas nosas hipotecas e un escrito de reclamación de devolución de todo o noso diñeiro e os correspondentes intereses, para que podamos presentalo ante as entidades financeiras. Igualmente inclúe un escrito de reclamación de devolución dos gastos de constitución de hipoteca, outra cláusula que tamén foi declarada abusiva recentemente.

Desde a PAH poñemos a disposición de todos os afectados pola hipoteca este Kit para que se distribúa nas asembleas de asesoramento colectivo e animamos á súa presentación de forma masiva. Somos conscientes de que non é só a cláusula chan, son todas e cada unha das cláusulas que conteñen as hipotecas as que converten en ilegais os préstamos hipotecarios e ante esta realidade desde a PAH imos esixir, unha vez máis ao Goberno que dea resposta á realidade de centos de miles de persoas, unha resposta que pase por recoñecer e lexislar as medidas que conteñen "As 5 da PAH", até que iso non se produza, non haberá resposta definitiva á estafa.

Neste sentido, estamos á espera das medidas que finalmente anuncie o Goberno de Mariano Rajoy. Cinco anos de precedentes ao servizo da banca, as propias declaracións do ministro de Guindos ou as primeiras filtracións do Real Decreto que previsibelmente se ía a aprobar no Consello de Ministros de onte (13.01.2017)e que finalmente quedaron adiadas, anuncian que non será unha batalla fácil (Fala-se de que o decreto que quere consensuar o goberno con PSOE e C's, permitiran compensar aos bancos as débedas, derivadas da estafa das claúsulas chan, coas cotas de amortización pendentes)... e o resto que? O que está claro é que nós non nos imos a render.

Os documentos en cuestión atópanse no apartado "documentos praticos" e son o documento número 45. Aquí enlácelos para descargalos de balde:

45. Kit cláusula chan e reclamación de gastos:
Fonte: Plataforma de Afetad@s pola Hipoteca.

Sentenza: Acceder/Baixar.

---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e
:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook
:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local
:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. Coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza.
1406-Ferrol
______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon