Acción, en Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo).
O pasado luns 9 de xaneiro, tiña lugar en Ferrol, un acto público: "Quéren-nos en soidade, teran-nos en común", unha Palestra-Coloquio á que se achegarón activistas da Asembleia Aberta de Coia (Vigo) O xuntanza tivo lugar no salón de actos do #AteneoFerrolán que iniciou coa proxeción da curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma. Trataba-se de poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.
O acto estaba enmarcado na campaña de solidariedade con Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do vigués barrio de Coia.
Actos de Solidariedade en FerrolNo transcurso do Acto compañeiras e compañeiros das Marchas da Dignidadse, comprometeron-se a contribuir, desde Ferrolterra, un pouco máis na campaña a prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Acordou-se repartir follas informativas na Feira de Ferrol, este domingo 15 de xaneiro, ás 11 da mañá nas inmediacións do Teatro Jofre. E facer unha acción en solidariedade co compañeiro represaliado, o vindeiro luns 16 de xaneiro ás 8 da tarde no Cantón, nas inmediacións do Palco da Música.
https://youtu.be/ISy2Ezu68w0
Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de cara o xuízo do próximo 17 de xaneiro. Lores enfronta unha pena de tres anos e medio de prisión e 30.356 euros de responsabilidade civil pola denuncia dun axente municipal, que o acusa sen probas de agredi-lo e lesiona-lo.
Os feitos ocorreron o 15 de decembro de 2014, nunha das cargas policiais contra a veciñanza. "Diego sempre foi unha das caras máis visíbeis da loita da rotonda de Coia, polo que creemos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes", consideran desde a Asemblea Aberta, e recordan que iniciaron a protesta pacífica contra este "proxecto megalómano e esperpéntico" porque representaba "un insulto e unha provocación" ante a falta de fondos para emerxencias sociais.
O comunicado sinala o "cúmulo de contradicións e incongruencias por parte da acusación particular (a Policía Local)" durante toda a instrución do procedemento. De feito, a propia Fiscalía determinou en dúas ocasións que non existen indicios de delito, polo que pediu o sobresemento do caso. O Ministerio fiscal determinou que as probas aportadas eran insuficientes e que non queda “acreditado debidamente que por parte do acusado se cometese a infracción criminal da que se lle acusa”.
Por estes motivos, centos de artistas, representantes públicos e profesionais de todos os ámbitos veñen de amosar o seu apoio e solidariedade coa absolución de Lores. "O que nós berrabamos hai dous anos, seguímolo berrando agora: as nosas armas son a razón, as arelas de xustiza social, a utopía dun mundo mellor. Non precisamos nin da forza nin da violencia", apuntan desde o colectivo veciñal, que sufriu numerosas multas e detencións, así como a condena do activista Xurxo Romero, pola súa defensa dos dereitos sociais da veciñanza de Vigo simbolizada na rotonda do Alfageme.
Marchas da Dignidade Ferrolterra
#ColumnaFerrolterra
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
Teléfono Ferrolterra
635 229 857
Páxina no Facebook da asemblea Aberta de Coia:
https://www.facebook.com/asembleaabertacoia/
Web de ODS:
http://odscoia.arkipelagos.net/
Fonte dalgúns textos: A Detroit viguesa.
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon