Amosando publicacións coa etiqueta Diego Lores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Diego Lores. Amosar todas as publicacións

mércores, xaneiro 11, 2017

Acción, desde Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo) - Domingo 15 e Luns 16 de Xaneiro - Moi interesante Vídeo: #MoitoPeixeRompeARede


Acción, en Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo).

O pasado luns 9 de xaneiro, tiña lugar en Ferrol, un acto público: "Quéren-nos en soidade, teran-nos en común", unha Palestra-Coloquio á que se achegarón activistas da Asembleia Aberta de Coia (Vigo) O xuntanza tivo lugar no salón de actos do #AteneoFerrolán que iniciou coa proxeción da curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma. Trataba-se de poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.

O acto estaba enmarcado na campaña de solidariedade con Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do vigués barrio de Coia.
Actos de Solidariedade en Ferrol
No transcurso do Acto compañeiras e compañeiros das Marchas da Dignidadse, comprometeron-se a contribuir, desde Ferrolterra, un pouco máis na campaña a prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Acordou-se repartir follas informativas na Feira de Ferrol, este domingo 15 de xaneiro, ás 11 da mañá nas inmediacións do Teatro Jofre. E facer unha acción en solidariedade co compañeiro represaliado, o vindeiro luns 16 de xaneiro ás 8 da tarde no Cantón, nas inmediacións do Palco da Música.


https://youtu.be/ISy2Ezu68w0

Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de cara o xuízo do próximo 17 de xaneiro. Lores enfronta unha pena de tres anos e medio de prisión e 30.356 euros de responsabilidade civil pola denuncia dun axente municipal, que o acusa sen probas de agredi-lo e lesiona-lo.

Os feitos ocorreron o  15 de decembro de 2014, nunha das cargas policiais contra a veciñanza. "Diego sempre foi unha das caras máis visíbeis da loita da rotonda de Coia, polo que creemos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes", consideran desde a Asemblea Aberta, e recordan que iniciaron a protesta pacífica contra este "proxecto megalómano e esperpéntico" porque representaba "un insulto e unha provocación" ante a falta de fondos para emerxencias sociais.

O comunicado sinala o "cúmulo de contradicións e incongruencias por parte da acusación particular (a Policía Local)" durante toda a instrución do procedemento. De feito, a propia Fiscalía determinou en dúas ocasións que non existen indicios de delito, polo que pediu o sobresemento do caso. O Ministerio fiscal determinou que as probas aportadas eran insuficientes e que non queda “acreditado debidamente que por parte do acusado se cometese a infracción criminal da que se lle acusa”.

Por estes motivos, centos de artistas, representantes públicos e profesionais de todos os ámbitos veñen de amosar o seu apoio e solidariedade coa absolución de Lores. "O que nós berrabamos hai dous anos, seguímolo berrando agora: as nosas armas son a razón, as arelas de xustiza social, a utopía dun mundo mellor. Non precisamos nin da forza nin da violencia", apuntan desde o colectivo veciñal, que sufriu numerosas multas e detencións, así como a condena do activista Xurxo Romero, pola súa defensa dos dereitos sociais da veciñanza de Vigo simbolizada na rotonda do Alfageme.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

#ColumnaFerrolterra

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com


Teléfono Ferrolterra
635 229 857

Páxina no Facebook da asemblea Aberta de Coia:
https://www.facebook.com/asembleaabertacoia/

Web de ODS:
http://odscoia.arkipelagos.net/

Fonte dalgúns textos: A Detroit viguesa.
_____________