Por Ignacio Ramonet [*]
05.01.2017
No ano máis duro e máis longo, no que tantos apostaron polo seu tropezo, o Presidente Nicolás Maduro, sorteando todos os escollos, todas as trampas e todas as dificultades, demostrou a súa talla excepcional de home de Estado. E de líder indestrutíbel da Revolución Bolivariana
Todo se presentaba moi complicado a inicios de 2016 para as autoridades de Caracas. Principalmente por tres razóns: 1) a oposición neoliberal gañara as eleccións lexislativas de decembro 2015 e controlaba a Asemblea Nacional; 2) os prezos do petróleo, principal recurso de Venezuela, caeran ao seu nivel máis baixo nos últimos decenios; 3) o presidente estadounidense Barack Obama asinara unha orde executiva na que declaraba que Venezuela representaba unha "inusual e extraordinaria ameaza para a seguridade nacional e a política exterior de Estados Unidos".
Ou sexa, en tres campos decisivos -político, o económico e o geopolítico- a revolución bolivariana parecía estar á defensiva. Mentres que a contrarevolución, tanto interna como externa, pensaba ter, por fin, o poder en Venezuela ao alcance da man.
E todo isto nun contexto de guerra mediática de longa duración contra Caracas que comezou coa chegada ao poder de Hugo Chávez en 1999 e intensificouse a partir de abril de 2013. Alcanzando uns niveis inauditos de violencia logo da elección do presidente Nicolás Maduro.
Esta atmosfera de agresivo e permanente acoso mediático produce unha insidiosa desinformación sobre Venezuela que confunde ata a moitos amigos da Revolución Bolivariana. En particular porque, nesta era da "post-verdade", a práctica da mentira, da fraude intelectual e do engano descarado non é sancionado por ningunha consecuencia negativa, nin en términos de credibilidade, nin de imaxe. Todo vale, todo serve nesta "era do relativismo post-factual", e nin sequera os feitos ou os datos máis obxectivos son tomados en consideración. Tampouco se acepta o argumento -tan obvio no caso de Venezuela- do complot, daconxura, da conspiración. De antemán, o novo discurso mediático dominante denuncia e ridiculiza o "pretendido complotismo" como un inaceptable argumento dunha "vella narrativa" que non é de recibo...
Todo pois, a principios de 2016, aparecía moi costa arriba para o presidente de Venezuela. Até o punto de que o achacoso opositor neoliberal Henry Ramos Allup, pasabelmente embriagado pola súa maioría parlamentaria permitiuse asegurar, en xaneiro de 2016 durante o seu primeiro discurso como presidente da Asemblea Nacional, que "nun lapso non maior a seis meses" sacaría do poder a Nicolás Maduro. Inspirándose sen dúbida no golpe de Estado institucional contra a presidenta Dilma Rousseff en Brasil e apostando por unha vitoria nun eventual referendo revocatorio.
Así estaban as cousas cando o presidente Maduro, nunha maxistral secuencia de xogada de xadrez que ninguén viu vir e perfectamente legais segundo a Constitución, sorprendeu a todo o mundo. Renovou, como era o seu dereito, aos membros do Tribunal Supremo de Xustiza (TSX), órgano superior do Poder Xudicial, cuxa Sala Constitucional ten a última palabra en materia de interpretación da Constitución.
Saturada de soberbia, a oposición cometeu entón dous erros mayúsculos:
1. Decidiu ignorar as advertencias do TSX e sesionar con tres deputados do estado Amazonas cuxa elección, en decembro de 2015, estaba baixo suspensión cautelar por irregularidades. Ante esa afronta, o TSX ditaminou obviamente que a incorporación dos tres deputados "non electos regularmente" retiraba toda validez ás decisións da Asemblea Nacional. De feito, o TSX declarou en desacato (desobediencia) á Asemblea e determinou que "se considerarán nulas todas as súas decisións". De tal modo que -polos seus propios erros- a Asemblea non só non conseguiu lexislar nin controlar ao goberno senón que, como o recoñecen prestixiosos especialistas en dereito constitucional, se anulou a si mesma, dilapidou o seu poder e se autodisolveu. Esta foi a primeira gran vitoria de Nicolás Maduro en 2016.
2. No seu obsesivo afán de derrocar ao presidente, a oposición antichavista tamén decidiu ignorar os requisitos legais (Art. 72° da Constitución), en términos de etapas imprescindíbeis e de pasos esixidos polos regulamentos xurídicos, para lanzar un referendo revogatorio en 2016. Aí os opositores fracasaron igualmente de xeito estrepitosa.
E iso constituíu outra gran vitoria de Nicolás Maduro.
Aínda así chegou un momento, cara a marzo-abril de 2016, en que todo se complicou enormemente. Porque ás embestidas habituais das forzas hostís á Revolución Bolivariana veu a sumarse unha impresionante seca, a segunda máis grande desde 1950, e calores extremas causados polo fenómeno El Niño. En Venezuela, o 70 por cento da enerxía xérase por hidroelectricidade e a principal central hidroeléctrica depende do embalse El Guri. Ao reducirse as choivas, os niveis deste embalse diminuíron case ao nivel mínimo.
A contrarevolución tratou de aproveitar esta circunstancia para multiplicar os sabotaxes eléctricos, buscando a crear caos enerxético, malestar social e protestas. O perigo era maiúsculo porque ao problema eléctrico sumábase, por efectos da persistente seca, a falta de auga potábel...
Pero o Presidente Maduro actuou de novo con celeridade e adoptou medidas drásticas: decidiu a substitución de millóns de lampadas incandescentes por aforradores; ordenou o substitúo dos vellos acondicionadores de aire por outros de nova tecnoloxía aforradora; estableceu o medio día laboral na administración pública e decretou un plan especial de aforro nacional do consumo eléctrico e de auga.
Grazas a estas audaces medidas, o Presidente conseguiu evitar o colapso enerxético. E obtivo así una das súas máis populares vitorias do ano 2016.
Outro dos problemas importantes (quizais o máis grave) que tivo que enfrontar o Goberno -consecuencia en parte da guerra económica contra a revolución bolivariana- é do abastecemento alimentario. Hai que recordar que antes de 1999, o 65 por cento da poboación vivía en situación de pobreza e que só o 35 por cento podía gozar dunha alta calidade de vida. Ou sexa, de cada dez venezolan@s só tres consumían regularmente carne, polo, café, millo, leite, azucre... Mentres que, nos últimos 17 anos, o consumo alimentario (grazas ao investimento social masiva da revolución) disparouse nun 80 por cento.
En si, este cambio estrutural explica por que, de súpeto, a produción nacional de alimentos, moito máis importante do que se cre, resultou insuficiente.
Como a demanda aumentou masivamente, tamén se disparou a especulación. E ante unha oferta estruturalmente limitada, os prezos eleváronse vertixinosamente. E se expandiu o fenómeno do mercado negro ou "bachaqueo". Moitas persoas compraban os produtos subvencionados polo Goberno a prezos inferiores ao do mercado para vendelos a prezos superiores ao mercado. Ou os "exportaban" masivamente aos países veciños (Colombia, Brasil) onde os revendían polo dobre ou o triplo do seu prezo subvencionado. De tal modo que Venezuela se "desangraba" dos seus dólares -cada vez máis escasos polo derrube dos prezos do petróleo- para alimentar a uns "vampiros" que lle arrebataban os produtos de primeira necesidade aos máis humildes, á vez que se enriquecían de xeito excepcional. Semellante inmoralidade non podía continuar.
Unha vez máis o Presidente Maduro decidiu actuar con man firme. Primeiro -moi importante- cambiou a filosofía da axuda social. E corrixiu un erro maiúsculo que se levaba cometendo en Venezuela desde facía lustros. Decidiu que o Estado, no canto de subvencionar os produtos, debía subvencionar ás persoas. Para que só os pobres, os que realmente o necesitan, tivesen acceso aos produtos subvencionados polo Goberno. Para todos os demais, o produto vende-se ao seu prezo xusto establecido polo mercado. O cal evita a especulación e o bachaqueo.
E segunda medida decisiva o Presidente anunciou que, a partir de agora, o Goberno poñería todo o seu empeño en cambiar o carácter económico do país para pasar dun "modelo rentista" a un "modelo produtivo". A este respecto, o Presidente definiu "15 motores" para reanimar a actividade económica tanto do sector privado como do sector público e da economía comunal.
Esas dúas decisións esenciais converxen nunha orixinal creación imaxinada polo Presidente Maduro: os CLAP (Comités Locais de Abastecemento e Produción) que constitúen unha nova forma de organización popular. Fogar por fogar, os representantes das comunidades organizadas entregan, a prezo regulado, bolsas repletas de alimentos. Moitos destes alimentos son de nova produción nacional. Os CLAP deberían abastecer, nos próximos meses de 2017, a unhas catro millóns de familias humildes. Garantindo a alimentación do pobo. Rubricando así unha nova gran vitoria do Presidente Maduro.
Outra vitoria non menor neste ano 2016 tan difícil constitúea o récord obtido en materia de investimento social que alcanzou o 71,4 por cento do orzamento do país. É un récord mundial. Ningún outro Estado no planeta dedica case as tres cuartas partes do seu orzamento ao investimento social.
En materia de saúde, por exemplo, o número de establecementos hospitalarios multiplicouse por 3,5 desde 1999. E o investimento nun novo modelo humano de saúde pública multiplicouse por dez.
A Misión Barrio Dentro, cuxo obxectivo é atender aos enfermos nas áreas urbanas máis humildes do país, realizou case 800 millóns de consultas e salvado a vida dun millón 400 mil persoas. As universidades de medicina formaron a 27 mil novos médicos. E outros 30 mil deben obter o seu diploma en 2017. Oito Estados alcanzaron unha cobertura de Barrio Dentro 100% en 2016, cando a meta era de seis.
Outra vitoria social fundamental, non mencionada polos grandes medios dominantes, é a alcanzada en materia de adultos maiores que reciben unha pensión de xubilación. Antes da revolución apenas o 19 por cento dos xubilados recibían unha pensión, o resto subsistía a miúdo na miseria ou a cargo dos seus familiares. Este ano 2016, a porcentaxe de persoas xubiladas que reciben unha pensión (aínda que non poidan cotizar á seguridade social durante a súa vida laboral activa) alcanzou o 90 por cento. Un récord en Sudamérica.
Outra vitoria espectacular -e que tampouco mencionan os grandes medios dominantes- é a conseguida pola Misión Vivenda encargada de construír vivendas sociais, a prezo regulado, para as familias venezolanas humildes.
En 2016, esta Misión entregou nada menos que 359 mil vivendas (a título de comparación, un país desenvolvido como Francia apenas construíu, en 2015, 109 mil vivendas sociais). A iso hai que engadir as 335 mil vivendas rehabilitadas no marco da bonita Misión Barrio Novo, Barrio Tricolor. Unha Misión particularmente eloxiada polo xenio da arquitectura Frank Gehry, autor do Museo Guggenheim de Bilbao e do Museo Louis Vuitton en París, que declarou desexar involucrarse nela. De tal modo que estamos falando de case 700 mil vivendas sociais entregadas en 2016. Unha cifra sen equivalente no mundo.
Desde que iniciou o seu mandato, en 2013, o Presidente Maduro xa entregou preto dun millón e medio de vivendas a familias modestas. Récord mundial pasado baixo silencio por todos os medios hostís á revolución bolivariana. E que até moitos amigos omiten ás veces de mencionar.
Recordemos, para terminar, algunhas das brillantes vitorias conseguidas no ámbito xeopolítico. Por exemplo, impedir que a Organización de Estados Americanos (OEA), dominada por Washington, condenase a Caracas como o pretendía o secretario Xeral desta organización, Luís Almagro, quen invocaba a Carta Democrática contra Venezuela.
Ou o éxito da XVII Cume do Movemento dos Países Non Alineados (MNOAL) realizada en setembro de 2016 no Centro de Convencións Hugo Chávez da illa Margarita coa presenza de numerosos xefes de Estado e de Goberno e de representantes de cento vinte países que aportaron a súa solidariedade a Venezuela.
En fin, neste campo a principal vitoria do Presidente Maduro, quen efectuou varias xiras internacionais con ese obxectivo, foi o logro inaudito dun acordo entre países OPEP e Non-OPEP para a redución concertada das exportacións de petróleo.
Este acordo histórico, asinado en novembro de 2016, freou de inmediato o deterioro dos prezos dos hidrocarburos que se esborrallaban desde mediados de 2014 cando excedían os 100 dólares por barril.
Grazas a esta vitoria capital, os prezos do petróleo -que estaban en 24 dólares en xaneiro- excedían os 45 dólares a final de decembro 2016.
Así pois, no ano máis duro e máis longo, no que tantos apostaron polo seu tropezo, o Presidente Nicolás Maduro, sorteando todos os escollos, todas as trampas e todas as dificultades, demostrou a súa talla excepcional de home de Estado. E de líder indestrutible da Revolución Bolivariana.
Publicado en 'El Correo del Orinoco' | 01.01.2017 | Ir á Web.
[*] Ignacio Ramonet Míguez [Redondela 1943], xornalista, escritor, altermundista... Ir á Galipedia.
Enviado por:
Manuel Angel Rodríguez Carballeira
-lalan1954@gmail.com-
2 de janeiro de 2017 07:35
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon