mércores, xaneiro 04, 2017

Directo de Esquerdas, un programa radiofónico cunha ollada progresista e dende a esquerda - Todos os mércores en Rádio Filispím, no 93.9 da FM ou pola rede


"Directo de Esquerdas" Un programa radiofónico cunha ollada progresista e dende a esquerda:

"Directo de Esquerdas" é un programa de actualidade política cunha ollada de esquerdas e progresista que se emite en directo os mércores de 18:30 horas  a 19:30 horas na Radio Filispim a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos 93.9 da FM.  Somos un programa comprometido coas loitas sociais e comentamos a actualidade desde una óptica de esquerdas. No programa facemos tertulias sobre asuntos de actualidade como o ensino, a situación da sanidade, dos servizos públicos e sobre temas como as migracións ou o feminismo. Tamén comentamos as novas de Ferrol e comarca e da Galiza así como as máis relevantes no Estado e no mundo e falamos dos eventos da semana. O programa está aberto á participazón de todos os movementos sociais que se mobilizan pola defensa dos dereitos das persoas e do medio ambiente frente ás agresións do sistema. Nestes tempos de pensamento único neoliberal é fundamental a unidade das esquerdas, a mobilizazón social, presentar alternativas e aportar solucións pra os problemas reais da cidadanía. "Directo de Esquerdas" ten o obxectivo de denunciar, rebelarse e contribuír na loita contra as políticas ultraliberais que incrementan as desigualdades e condenan á clase traballadora ao paro, á pobreza, á precaridade e á exclusión social. Queremos dar voz a todas as persoas que loitan e contribuír a darlles megafonía a esas loitas. Desexamos que no 2017 se acade a xustiza social a través da solidariedade, da loita, do compromiso político, do activismo social. Queremos conseguir a igualdade real entre mulleres e homes a través da loita feminista. Animamos á mobilización para defender os nosos dereitos, porque os dereitos se conquistan cada día. Por todo isto pensamos que facía falta un programa así, modesto mais comprometido e que fale claro. Para iso creamos Directo de Esquerdas.

Anxo Fernández e Celso Posada. Presentadores do Programa Radiofónico " Directo de Esquerdas" na 93.9 FM da Radio Filispim a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos.

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/directodeesquerdas/

Rádio Filispim, no 93.9 da FM


Enviado por:
Anxo Fernández-Armesto Sánchez
-Anxofarmesto@hotmail.com-
4 de janeiro de 2017 17:24
__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon