luns, xaneiro 02, 2017

Emafesa, Problema ou Solución? Documentos audiovisuais da Xornada sobre Emafesa, a empresa mixta concesionaria da xestión do ciclo integral da auga de Ferrol - Celebrada o 22 de Decembro de 2016, coa intervención de Luís Babiano, xerente da AEOPAS, e os membros da Plataforma: Alexandre Carrodeguas, Manuel Amorím e Bernardo Rego


Taxa? | Custes Estimados? | Saneamento? | EMAFESA | Problema ou Solución? | Auga pública e transparente en Ferrol?

O pasado 22 de Decembro tivo lugar no Centro Cívico de Caranza, un Acto Público da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización. Pasadas as 7 da tarde, comezaba a xornada de información e debate, coa participación de Luís Babiano, xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento - AEOPAS, e os membros da Plataforma: Alexandre Carrodeguas, Bernardo Rego e Manuel Amorím. O acto durou sobre dúas horas e participaron 41 persoas ligadas ao movemento político e veciñal de Ferrolterra.

Analizou-se o papel de EMAFESA, como empresa mixta (público/privada), mais de xestión privada (Socamex, sección para a auga de Urbaser), na xestión do servizo público do ciclo integral da auga (abastecemento, distribución, comercialización, saneamento e depuración).

Xornada sobre Emafesa. Problema ou Solución?
1 de 3. Intervención de Alexandre Carrodeguas e Manuel Amorím.

https://youtu.be/sHjLaX80F9w

Xornada sobre Emafesa. Problema ou Solución?
2 de 3. Intervención de Luís Babiano e Debate.

https://youtu.be/GdVc0fWcUtY

Xornada sobre Emafesa. Problema ou Solución?
3 de 3. Debate.

https://youtu.be/8YglLJc677c

Nota.- Vídeos editados e publicados pola Plataforma na súa Canle, coa colaboración da asociación Fuco Buxán AC.
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon