domingo, xaneiro 22, 2017

Ferrolterra estivo presente na Acción Internacional contra o CETA, o tratado -neoliberal- económico e comercial entre Canada e a Unión Europea que se pretende que aprobe o Parlamento Europeo a principios de febreiro

Tags


Ferrolterra, a través de 17 colectivos e organizacións [*], uneu-se aos movimentos populares de resistencia, estando presente na Acción Internacional, "Día Europeo de Accións contra o CETA", o tratado -neoliberal- económico e comercial, entre Canadá e a Unión Europea que pretenden que se aprobe no Parlamento Europeo, a principios de febreiro. Un tratado que empobrece aos pobos e ao medio ambiente, e que fundamentalmente beneficia aos intereses das grandes corporacións multinacionais industriais e financeiras. Na Galiza tamén participarón na Acción: en Vigo e Ourense. A mobilización tivo lugar en centos cidades de toda Europa, o sábdo 21 de xaneiro, para incidir sobre a votación do Tratado, e conseguir que non se aprobe.

A Acción Internacional, silenciada a mantenta polos mass-media, tiña como obxectivo amosar a indignación e oposición ao Tratado que está previsto que o próximo martes 24 de xaneiro, sexa votado na Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo

O Tratado foi cuestionado por amplos sectores da sociedade civil, tanto na Unión Europea como en Canadá por non ofrecer garantías respecto da protección do medio ambiente e os dereitos fundamentais das persoas.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transaccións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.

Manifesto Unitario leido na concentración, en formato pdf: Acceder/Baixar.

A Campaña Europea NONaoTTIP, CETA, TiSA, pode-la seguir na web e nas redes sociais: En facebook e twitter.

Web da Campaña Europea:
http://www.noalttip.org/

Collage da Acción en Ferrol

[*] 17 Colectivos e organizacións convocaron a Acción Internacional en Ferrolterra:
- A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural.
- Asociación Galega Contra o Maltrato a Menores - Agamme.
- Ateneo Ferrolán.
- Bloque Nacionalista Galego -BNG.
- Colectivo Ártabra 21.
- Decide en Común.
- Espazo Ecosocialista.
- Esquerda Unida -EU.
- Foro Galego de Inmigración.
- Fuco Buxán A.C.
- Fundaçom Artábria.
- Grupo de Consumo Fonte da Uz.
- Ligando.
- Marcha Mundial das Mulleres.
- Marchas da Dignidade Ferrolterra.
- Muiño do Vento Asociación Sociocultural.
- Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon