O sábado día 21 de Xaneiro un grupo de rapaces desempregados do rural e de campesiños de Narón acompañados polo Concelleiro de EU André Abeledo ocuparon simbolicamente unha das parcelas do "Polígono do Rio do Pozo".
A acción pretende chamar a atención sobre a necesidade de traballar en Narón sobre un proxecto para crear un "banco de terras", que xunto coa posta en marcha da Moción xa presentada en Pleno por André Abeledo, e aprobada por unanimidade para a creación dun "Viveiro de Cooperativas" poda servir como ferramenta para crear emprego no noso municipio.
A ocupación simbólica fíxose nunha das parcelas mais afectadas pola invasión da "Herba da Pampa" ou "Plumacho", unha especie invasora moi perigosa para a biodiversidade galega e que debe ser combatida, algo xa denunciado por EU Narón, ademais de que tamén defendemos que a formación de rapaces actualmente no paro a loita contra a "Herba da Pampa", isto vai reverter positivamente no sentido de crear emprego e traballar para erradicar esta praga.
Dende EU Narón entendemos que o cooperativismo debe ser fomentado dende as distintas administracións, e no caso do rural estes rapaces precisan de terra, medios técnicos e asesoramento para poder crear emprego e riqueza no noso concello, así como para evitar o despoboamento do rural galego.
Abeledo indicou que aquelas comunidades que apostan polo cooperativismo e o fomento do autoemprego resisten mellor a crise, e tamén conseguen unha menor degradación das condicións de traballo e do mantemento do nivel salarial, que polo tanto tamén permiten que as traballadoras e traballadores poidan consumir, cousa que repercute positivamente no comercio local.
GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de janeiro de 2017 19:50
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon