domingo, xaneiro 22, 2017

A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza, Adega, acordou outorgar o Premio Oxixeno 2016, categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez, avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza, Adega, acordou outorgar o Premio Oxixeno 2016, categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez, avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción”.

O CCE acolle esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos.

Nesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, estiveron moi presentes no fallo deste ano.

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro a partires das 14:30h no restaurante A Marola (Hotel Zenit Coruña, r/ Comandante Fontanes 19, A Coruña).

Máis información na Web de Adega.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de janeiro de 2017 23:37
____________________________

Catro Sentenzas firmes e un Auto do Tribunal Supremo contra Reganosa:

  • Sentenza 1966/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26.07.2016 | Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Auto de Aclaración do Tribunal Supremo, con data de 25 de maio de 2016, onde desestimou "o incidente de nulidade de actuacións..." promovido pola representación da empresa Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA), contra a Sentenza. Auto que denega o Recurso de REGANOSA á citada sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa - Recurso de Casación 599/2013. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Estima o recurso contra sentenza do TSJM e declara nula a resolución que aproba o proxecto de execución de instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Estimar recurso contra sentenza do TSJM, polo que debe ser anulada a Autorización Administrativa Previa para a instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Ratificando a sentenza do TSXG que anula aresolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. | Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos. | Acceder/Baixar.
_______________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon