O vindeiro martes 24 de xaneiro às 20 horas no Salón de actos do antigo Hospicio (r/ Méndez Núñez) o Bloque Nacionalista Galego vai desenvolver un acto público informativo para explicar cal é o estado actual na que se atopa a situación da rede de Saneamento na cidade e cales son as repercusións que vai ter nos veciños e veciñas.
Quen vai pagar as obras?
Quen vai xestionar a rede?
É un modelo sustentábel?
Que vai pasar coa Taxa?
Neste acto público repasaran o que se ten feito desde o Concello sobre este tema lembrando entre outras cuestións:
Que o o saneamento da ría de Ferrol foi declarado de interese xeral polo Estado en 1997, debendo ser obriga deste a súa execución e financiamento.Manifesta que "na actualidade o goberno FeC pretende dar continuidade ao modelo unitario imposto polo PP, asume os custes de reparación da EDAR, os da construción da obra e a posta en funcionamento da infraestrura e entrega a xestión do sistema á empresa ACUAES, responsable da execución dunhas obras que acumulan máis dun ano de retraso que suporán maiores custes para a Cidade".
O Modelo eleito de rede de saneamento é obsoleto por tratarse dunha rede unitaria, contraria a todos os criterios actuais de xestión de augas residuais e contrario as propias determinacións da Lei de Augas de Galiza e das directrices do propio PXOM.
O PP impuxo unha taxa para pagar as obras e a posta en funcionamento do saneamento asumindo o modelo de rede unitaria imposto polo Estado e o custe das obras.
En agosto de 2015 o Goberno da cidade confirmou que a depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. Esto non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014.
Desde o BNG proponen:
A transformación do sistema de depuración.E seguen dicindo que "a pesar de non poder decidir a ubicación da EDAR e ter que bombear máis de 40 m. os volumes a tratar, de impoñernos un modelo de rede unitaria con excesivos tanques de tormentas insostible económica e medioambientalmente e de non poder decidir sobre o trazado dos colectores o Estado e o actual goberno pretenden que asumamos nós o custe da obra".
Modificando e complementando a infraestrutura para que as augas fecais non sexan tartadas conxuntamente coas augas pluviais reducindo os custes medioambientais e económicos.
A xestión directa dos servizos básicos para a cidade.
Recuperando a xestión pública da auga, tanto no servizo de abastecemento como no de saneamento e depuración. A primeira compensación sería inmediata ao eliminar o beneficio económico da empresa concesionaria.
Que o Estado asuma a súa responsabilidade e pague as obras.
Rematan a convocatoria , facendo un chamamento a participar no acto se se quere afondar nos coñecimentos sobre a situación respecto da rede de saneamento na cidade, a taxa vinculada a esta rede e cal é a súaa proposta respecto destas cuestións.
Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com | bng@ferrol.es (Grupo Municipal)
O BNG de Ferrol no facebook ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.
Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
20 de janeiro de 2017 14:33
Foto: O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, co seu antecesor no cargo, José Manuel Rei Varela. De Miguel Muñiz. | 2017.08.28
________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon