venres, xaneiro 06, 2017

Nova concentración, en Ferrol, da Plataforma Salvar Sargadelos, este luns 9 de xaneiro


CONVOCATORIA  DA  PLATAFORMA  SALVEMOS SARGADELOS FERROL


NOVA CONCENTRACIÓN, O LUNS, DÍA 9 DE XANEIRO, ÁS 19:30, DIANTE DA GALERÍA SARGADELOS

A Plataforma “Salvar Sargadelos Ferrol” Convoca a cidadanía, Grupos políticos, Asociacións, Sindicatos...  a asistir a unha nova concentración o vindeiro luns, día 9 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, diante da Galería Sargadelos, para dar conta e informar da situación e dos pasos que se están dando en defensa da permanencia nesta cidade da Galería Sargadelos, tanto polo que representa como manifestación da nosa propia cultura, como  por ser un  espazo emblemático para o tecido asociativo e cultural.

Reiteramos que a nosa reivindicación será sempre a DEFENSA DA CULTURA GALEGA que neste caso está presente no legado do insigne galeguista ISAAC DÍAZ PARDO a través do laboratorio de formas, xunto a LUIS SEOANE.

- Informamos que teremos unha entrevista co Sr. Alcalde de Ferrol este mesmo luns-9 ás 12 h na propia Casa do Concello co obxecto de intercambiar informacións e posibilitar as actuacións necesarias para evitar o peche desta Galería Sargadelos -Ferrol.

A plataforma acudirá cunha pancarta e con cartaces un luns máis a esta concentración, manifestando o desacordo co peche desta Galería.

Precisamos o apoio de todas e todos para acadar o obxectivo:

EVITAR O PECHE DA GALERÍA SARGADELOS- FERROL.-

- Saúdos

- Plataforma .-

Enviado por:
Salva Sargadelos
-salvarsargadelos@gmail.com-
5 de janeiro de 2017 16:07

_________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon