Dende EU Narón queremos clarexar que non existe ningún tipo de "alianza" por parte de EU có resto da oposición sobre o proxecto da Praza de Xuvia.
O que fixo André Abeledo foi apoiar con a súa sinatura unha solicitude por parte dun grupo de veciñas e veciños de Xuvia a solicitude dunha serie de informes xurídicos sobre o proxecto ao Concello. Dende EU Narón seguimos mantendo a necesidade de diálogo sobre o proxecto da Praza de Xuvia entre a veciñanza e o Concello, en EU Narón estamos sempre dispostos a apoiar todo tipo de solicitude veciñal que pretenda clarexar calquera tipo dúbida sobe calquera proxecto.
Pero tamén entendemos que é un erro politizar, tentando sacar calquera tipo de rédito político deste tipo de situacións, facémoslle un fraco favor as veciñas e veciños, ademais de ser ó noso entender unha falta de lealdade para coa veciñanza.
EU Narón seguirá chamando ao dialogo construtivo entre o Concello e a veciñanza. Seguimos entendendo a remodelación da praza como unha necesidade, e sabemos que a humanización da cidade non pode facerse dándolle as costas a opinión das veciñas e veciños do barrio ou parroquia.
Dende EU Narón queremos deixar claro que non existiu ningún tipo de alianza, xuntanza, ou negociación có PP ou ENE, tan só atendemos a petición dunhas veciñas e veciños de Xuvia que solicitaban unha determinada documentación sobre o proxecto e necesitaban as sinaturas de sete concelleiros para realizar dita solicitude.
Tamén queremos clarexar que en ningún momento a EU Narón negóuselle esa documentación dende o Concello, pois non a tiñamos solicitado.
Esta documentación foi solicitada por parte da veciñanza e non por ningún partido político. A sinatura de André Abeledo serviu como aval para realizar dita solicitude veciñal.
Dende EU Narón seguiremos ao servizo da veciñanza, da AAVV de Xuvia e do ANPA, para xunto có Equipo de Goberno buscar unha solución consensuada que tome en conta a opinión das veciñas e veciños na remodelación da Praza de Xuvia.
GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
29 de janeiro de 2017 20:22
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon