Nos últimos días a depauperada situación socioeconómica de Ferrolterra, acelerou o afloramento de inxustizas extremas en referencia ao dereito á vivenda, e ao aumento do empobrecemento da Clase Traballadora. A falta de emprego, mesmo a falta de perspectivas de consigue-lo a curto prazo, deprimen socialmente a unha poboación castigada duramente pola crise e a mala xestión dos recursos nas comarcas do noroeste galego, e principalmente nos concellos da contorna da Ría de Ferrol. As persoas que non teñen apoio familiar, son as principais vítimas da situación. En Ferrolterra, miles de persoas viven dos salarios e pensións de familiares directos en primeiro grado, mesmo até conviven nos mesmos fogares. Mais hai un grupo máis vulnerábel, trata-se de persoas sen familiares directos, ou vítimas noutrora da violencia machista ou da escravitude do Capital. Casos de familias numerosas e outros en perigo de exclusión social. Nomes como Emilia, Cristian, Angel, Mariola, Estevan, Verónica, Blanca, Rocio, Cristina, Merche, Jeide, Dulce, Aurelia, José, Isabel, Manuel, Iván... E tantos outros e outras, forman parte dunha relación de persoas con necesidades que non son máis que dereitos fundamentais vulnerados, ao traballo, á vivenda á alimentación,... a unha vida digna. Non podemos quedar calados, temos que romper o silencio e reclamar unha solución,... vivir con dignidade, parque público de vivendas, renda básica universal europea, subministros básicos garantidos (luz, gas, auga,...) ... emprego,... Solidariedade e Xustiza.
Nos próximos días
Os dous últimos casos que se achegaron a Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, son familias numerosas con ganas de vivir, con esperanzas, con ganas de futuro. As crianzas ignoran a fráxil situación que lles ameaza, como se se trata-se dunha fera con ganas de matar sen piedade. De matar a esperanza; de matar unha puberdade alegre e ilusionada, con sonos e liberdade; de matar o futuro. Por que nun mundo rico, hai xente que non sabe se vai poder dar-lle un teito as súas pequenas crianzas mañá?
Hai vidas en xogo. Non está permitido xogar á rendibilidade partidaria cos recursos de todas e todos, cos recursos públicos que non son do partido de quenda que se apoltrona no poder, son do pobo e teñen que xestiona-los con xustiza e responsabilidade.
O desafiuzamento de mañá venres, 3 de febreiro que estaba previsto para as 10:30hs queda adiado até que se resolva o asunto dunha alternativa residencial. Hoxe mesmo estivemos no Servizo Común de Actos de Comunicación e Execución, para saber da situación e nos comunicaron que se ía adiar á espera de recibir comunicación do Concello ou da Xunta. De todos os xeitos o que está previsto no Convenio, son só 10 días, polo que como no sexan máis celosos, o tempo non vai chegar, para solucionar o asunto. Polo que mañá non imos convocar concentración. Aínda que imos estar presentes na comunicación.
Por outra banda, temos outro xuízo previsto para este luns 6 de febreiro, ás 13:30, no xulgado de instancia n°5. Un desafiuzamento por falta de pagamento do alugueiro, por mor de falta de recursos económicos, familia de sete membros, cinco menores, de 10, 8, 7, 6 e 2 anos de idade. Trata-se dunha parella nova de 29 e 30 anos, con circunstancias familiares e de vida e infancia, moi difíciles. Son traballadores en desemprego, totalmente integrados e arraigados no barrio, mais empobrecidos. Hoxe mesmo presentamos-lle o caso á Concelleira de Benestar, Saínza Ruíz, que se comprometeu a xestionar unha solución.
Concentración
Luns 6 de febreiro, ás 13:00hs (unha da tarde), diante dos Xulgados de Ferrol, concentración de denuncia e solidariedade, por unha vivenda digna. Convocada pola PAH de Ferrol e Comarca e Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
||||||||||||
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon