domingo, xaneiro 08, 2017

Sobre o acordo PP-PSOE para non cortar a luz: Unha visión dende a Esquerda,... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
08.01.2017

O hipócrita anuncio da lotaría de Nadal deste ano onde unha señora maior tenta emocionarnos só consegue indignarme, considero que este tipo de anuncios na actual situación son unha mostra de hipocrisía, cando na vida real permitimos que os nosos maiores e as nosas nenas e nenos pasen frío, ou morran nun incendio provocado por unha vela que ilumina o seu fogar ou unha fogueira que tenta espantar o frío do inverno.

A pobreza enerxética é unha vergoñenta traxedia que mata, a pobreza enerxética é unha consecuencia directa das políticas neoliberais que poñen ás persoas o servizo da economía.

Nos defendemos a economía ten que estar o servizo das persoas. 

Son máis de 5 millóns de persoas as que sofren a pobreza enerxética no Estado Español.

A pobreza enerxética, os recortes, a desnutrición infantil, o paro, forman parte dun auténtico drama para moitas familias que están a pasar por unha dramática situación.

Agora atopámonos con un pacto entre o PP-PSOE para non cortar a luz as familias que non poden pagala.

Esperamos que este acordo sexa unha realidade pero sobre todo que sexa a solución para máis de 5 millóns de persoas.

Pero o feito de que este acordo para evitar cortar a luz a fogares vulnerables non vaia a ser efectiva ata despois do inverno parécenos de entrada case unha broma macabra, pero o día dos “Santos Inocentes” foi onte e non hoxe.

Da a impresión de que é unha medida froito da desesperación que busca salvar os móbeis ante a resposta cada día máis contundente da cidadanía nas rúas.

Pero de ser unha medida desesperada que vai a solucionar o problema ben vida sexa.

Non foi unha casualidade que o PP-PSOE presentase este acordo o mesmo día que miles de persoas saíron as rúas  para denunciar o espolio das empresas enerxéticas coa necesaria complicidade dos gobernos de quenda.

O problema é que este é un acordo para cando pase o inverno, e polo de agora é un acordo sobre un papel en branco, o problema é que unha medida de urxencia non debe ser posposta.

Outro dos problemas é que parece que neste acordo pretendese unha vez máis que sexa o estado quen pague a medida, que sexamos todas e todos como no caso das autoestradas os que paguemos o custe de poñela en marcha.

Pero como no caso das autoestradas defendemos que deben ser as compañías eléctricas as que recorten os seus enormes beneficios, no noso modelo de sociedade os sectores estratéxicos e os servizos básicos non estarían en mans privadas, nin a soberanía nacional nas mans das multinacionais. 

É necesario nacionalizar as compañías eléctricas, á enerxía é un sector estratéxico que non debe estar nas mans de intereses privados, nin tampouco dos especuladores.

Tamén débense municipalizar os servizos básicos, servizos como a auga que é un ben de primeira necesidade imprescindible para a vida non pode ser un negocio có que lucrarse, debe ser un dereito fundamental.

Tampouco podemos esquecer que o PP-PSOE son os máximos responsables da liberación do mercado e de que o prezo da enerxía para os fogares teña subido un 70% nos últimos dez anos, son os gobernos do PP-PSOE os que estableceron sempre os diferentes marcos do mercado da enerxía en beneficio das empresas que conforman o oligopolio enerxético, son os que privatizaron o sector, son o mesmo PP-PSOE das portas xiratorias para case 100 ex-ministros e ex-altos cargos.

O anuncio de un acordo que pretende paliar a pobreza enerxética “para despois do inverno" non deixa de ser outra mostra da absoluta falta de empatía destes partidos có sufrimento alleo, có sufrimento do seu propio pobo.

Debemos esixir a paralización inmediata dos cortes de luz as familias con problemas económicos, esixindo ao goberno unha tarifa asequible a que poidan acollerse os consumidores domésticos e unha autentica tarifa social para familias con baixos niveis de renda.

Tamén  é moi importante continuar facendo presión dende todos os ámbitos, dende a rúa, dende as institucións e tamén dende os Concellos.

Todos os esforzos que fagamos son  poucos para acabar con este terrible drama humano que afecta a miles de familias, é preciso que loitemos a todos os niveis para dar unha solución a lacra da pobreza enerxética, porque a vida das familias non pode estar o servizo das multinacionais, e porque non somos unha mercadoría.

[*] André Abeledo Fernández (Narón, 1974), Concelleiro de EU Narón, militante comunista e sindicalista organizado na CIG. | Contas nas redes sociais: facebook, youtube, twitter, ...




Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
7 de janeiro de 2017 18:07
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon