A asociación Betula para a custodia do bosque atlántico, dentro da estratéxica xeral da de defensa do territorio prende contribuír á mellorar o medio ambiente.
"Vemos acotío agresións medioambientais que ao alteraren os equilibrios van minguando a biodiversidade e levan, porén, a unha nova extinción planetaria ante a que non queremos nin debemos permanecer impasibles. Como colectivo organizado non podemos caer no pesimismo e concluír que é imposible reverter a situación. Pola contra, as propostas que sexamos quen de levar adiante en conxunto son chanzos que frearán e mellorarán unha degradación que prevemos reversible. De aí que sexa imprescindible a túa participación activa na asociación, así como o activismo na difusión dos nosos obxectivos e en acadar cada día un maior número de socios e socias comprometidos con esta tarefa".Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico, Betula, acordou convocar a Asemblea Xeral a celebrar hoxe domingo, 19 de febreiro de 2017, ás 10:30hs, no local da Tenencia, en Redes (Ares), onde se tratarán os seguintes puntos:
- Presentación das memorias de actividades e económica correspondentes ao exercicio 2016.
- Proxecto de actividades 2017.
- Informe sobre a xestión das contas bancarias.
- Actualización de socios segundo o establecido nos estatutos: altas e baixas.
- Funcionamento e competencias da Xunta Directiva.
- Novas propostas de colaboración con entidades, particulares e empresas acordes co articulado dos estatutos.
- Pedimentos e preguntas.
Páxina no Facebook:
https://www.facebook.com/betulacustodia/
Conta Twitter:
https://twitter.com/BetulaCustodia
#Betula
Enderezo Betula:
O Campanario, 13
15627 Limodre – Fene
A Coruña
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon