Jorge Suárez, na súa visita ao Edar en Agosto de 2015, onde se descubriu que esta non depuraba |
Convocatoria Rolda de Prensa
Mediante este escrito convocamos unha Rolda de Prensa que terá lugar o vindeiro venres 17 de marzo, ás 12 do mediodía, na Sala de Prensa da Casa do Concello de Ferrol. Con anterioridade (11:30hs) presentaremos nos Xulgados de Ferrol, unha Denuncia ante a Fiscalía, para que investigue se hai delito por parte da empresa Socamex, parte privada da Empresa Mixta de Aguas de Ferrol, S.A. (EMAFESA), que xestiona a mesma, ao ter cobrado unha factura por un servizo que non prestou. E subsidiariamente aos membros do Goberno Municipal que estaban no momento de producir-se os feitos, anos 2014 e 2015, presididos polo o entón Alcalde José Manuel Rey Varela, Tamén polo engano a cidadanía con publicidade, onde se inaugurou e mantivo no tempo, unha depuradora que non depuraba que non tiña persoal contratado, nin tampouco contratado o servizo de subministro de enerxía eléctrica.
O mesmo día presentaremos un escrito no rexistro do Concello, dirixido ao Alcalde, solicitando a suspensión do Pleno sinalado para o vindeiro 21 de marzo, no referente ao punto onde se pretende aprobar a Taxa, en base ao do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Temas a desenvolver na rolda de prensa:
- Reunión da Plataforma cos grupos politicos municipais.
- Iniciativa da Plataforma en relación ao pleno para a aprobación da taxa.
- Denuncia ante a Fiscalía.
- Outras iniciativas da Plataforma.
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos.
Pablo Portero.
Bernardo Rego.
Lupe Ces.
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.
Nota.-
Artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Artigo 133.1 Participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas con rango de Lei e regulamentos.
1. Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, se substanciará unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente na que se solicitará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma achega de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.2. Sen prexuízo da consulta previa á redacción do texto da iniciativa, cando a norma afecte aos dereitos e intereses lexítimos das persoas, o centro directivo competente publicará o texto no portal web correspondente, co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades. Así mesmo, poderá tamén solicitarse directamente a opinión das organizacións ou asociacións recoñecidas por lei que agrupen ou representen ás persoas cuxos dereitos ou intereses lexítimos vérense afectados pola norma e cuxos fins garden relación directa co seu obxecto.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
3. A consulta, audiencia e información públicas reguladas neste artigo deberán realizarse de forma tal que os potenciais destinatarios da norma e quen realicen achegas sobre ela teñan a posibilidade de emitir a súa opinión, para o que deberán poñerse á súa disposición os documentos necesarios, que serán claros, concisos e reunir toda a información precisa para poder pronunciarse sobre a materia.
4. Poderá prescindirse dos trámites de consulta, audiencia e información públicas previstos neste artigo no caso de normas orzamentarias ou organizativas da Administración Xeral do Estado, a Administración autonómica, a Administración local ou das organizacións dependentes ou vinculadas a estas, ou cando concorran razóns graves de interese público que o xustifiquen.
Cando a proposta normativa non teña un impacto significativo na actividade económica, non impoña obrigacións relevantes aos destinatarios ou regule aspectos parciais dunha materia, poderá omitirse a consulta pública regulada no apartado primeiro. Si a normativa reguladora do exercicio da iniciativa lexislativa ou da potestade regulamentaria por unha Administración prevé a tramitación urxente destes procedementos, a eventual excepción do trámite por esta circunstancia axustarase ao previsto naquela.
Fonte: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-10565
--
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon