luns, abril 24, 2017

Ante a entrada na Ría de Ferrol do buque de maior envergadura dos chegados até agora, o LNG Al Utouriya, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este martes 25 de abril, ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta - Enlaces ás catro Sentenzas e outra documentación

Tags


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 MARTES 25 DE ABRIL, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Este martes 25 de abril de 2017, está prevista a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o LNG Al Utouriya, con bandeira de conveniencia das Illas Marshall, procedente do porto Ras Laffan (Qatar) que no caso de entrar, este sería o máis grande buque cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, que atracaría no pantalán de Reganosa. Un buque de 315 metros de eslora, por 50 de manga, cun calado de 12,3 metros e unha capacidade de 215.000 m3. Podemo-nos imaxinar o volume de carga do buque, se até hai ben pouco o que permitía as normas de navegación interior da Capitanía Marítima, para os buques de grande porte era unha capacidade de 140.000 m3 [1], a capacidade do GNL Al Utouriya, está moi por encima do que antes se consideraba capacidade máxima de seguridade para a navegación dentro da Ría. Este buque de enorme porte, terá que entrar pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque LNG / GNL cargado e xa non digamos destas características, para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 223 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

LNG Al Utouriya | Bandeira: Illas Marshall | Eslora: 315 m | Manga: 50 m
Calado: 12.3 m | Capacidade: 215 000 m3
Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

Concentración sonora

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este martes ás 8 da tarde (Novo Horario) en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

[1] Cinco normativas desde 2007 a 2012, a medida que se ían denunciando incumprimentos por parte do movemento opositor ao despropósito gasista de Reganosa, a normativa ía cambiando. | Ir a Doc.

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !
  • PECHE XA !
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Catro Sentenzas firmes e un Auto do Tribunal Supremo contra Reganosa:
  • Sentenza 1966/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26.07.2016 | Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Auto de Aclaración do Tribunal Supremo, con data de 25 de maio de 2016, onde desestimou "o incidente de nulidade de actuacións..." promovido pola representación da empresa Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA), contra a Sentenza. Auto que denega o Recurso de REGANOSA á citada sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa - Recurso de Casación 599/2013. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Estima o recurso contra sentenza do TSJM e declara nula a resolución que aproba o proxecto de execución de instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Estimar recurso contra sentenza do TSJM, polo que debe ser anulada a Autorización Administrativa Previa para a instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Ratificando a sentenza do TSXG que anula aresolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. | Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos. | Acceder/Baixar.
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
21 de abril de 2017 21:59
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon