O pasado 12 de abril, deste ano 2017, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, facía un chamamento ao compromiso coa loita contra o despropósito gasista de Reganosa que ameaza a nosa seguridade, as nosas vidas e á Ría que despois de catro sentenzas e un auto do Tribunal Supremo encontra do proxecto gasista, instalado no corazón da nosa ría, o Goberno de España eximiu, á Planta de Gas, de someter-se á avaliación ambiental, intentando deste xeito saltar as decisión xudiciais do alto tribunal, asunto que está tamén recorrido ante os tribunais.
Neste momento o Comité Cidadán precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais logo de que o Goberno de Rajoi decidira excluír á planta de gas de Reganosa da aplicación da Sentencia do Supremo.
Na causa contra a planta de gas de Reganosa,
o pasado 2014, fixémosvos unha solicitude de apoio económico, que tivo unha resposta extraordinaria, superando os 3.000 euros. Queremos agradecérvolo a todas aquelas persoas que fixéchedes este importante esforzo.
Como sabedes desde hai case 16 anos, contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de vari@s avogad@s, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron iniciar e continuar os procesos xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas, sen que isto supuxera maior gasto que o pago aos procuradores, de moita menor contía que o que serían as minutas d@s avogad@s.
Recordarvos de novo que a lei de taxas 10/2012 do 20 de novembro, supuxo un cambio e unha barreira importante para poder continuar cos procedementos que temos en marcha. Para unha interposición de recurso contencioso administrativo hai que ingresar 350 euros; para un recurso de apelación, 800 euros; para un recurso de casación, 1.200 euros. Aínda que a lei de taxas foi anulada polo Constitucional, supuxo unha importante sangría para as nosas finanzas.
Para a Administración estes gastos non supoñen ningún cambio porque está exenta do seu pago, e para Reganosa eses importes son unha nimiedade fronte aos ingresos millonarios que ten a través das retribucións do sistema gasista. Neste ano 2017 vai recibir máis de 51 millóns de euros do diñeiro público, en concepto de amortización da inversión, retribución financeira e custes de operación e mantemento fixos. Aparte recibirá os importes variables en función da súa actividade: peaxes por volume de regasificación, carga e descarga de buques, carga de cisternas e postas en frío de gaseiros.
Todos estes importes pagámolos entre toda a cidadanía, no noso recibo de butano, propano ou gas natural canalizado. Para o CCE, porén, supón unha importante carga económica que debemos afrontar só cos nosos propios medios.
Ademais deste espolio hai outro abuso propiciado polos tribunais. Mentres este Comité foi condenado a Costas no recurso contra as verteduras que perdemos, Reganosa e o Estado que perderon 3 sentenzas no Supremo contra as autorizacións previa, a de construción e o Plan de Emerxencia Exterior non foron condenados a costas.
Aparte doutros gastos empregados noutras actividades (custes das mensaxes de aviso de entradas de gaseiros, fotocopias de cartaces, documentación, etc.), ao longo de todo o ano 2016, temos feito pagos por valor de máis de 6.300 euros. Na folla que acompaña facemos unha relación deles. Fixemos fronte a estes gastos, cos fondos acumulados de loterías e outros actos organizados nos últimos tres anos, que conseguimos grazas a todas e todos vós.
Agora unha vez máis necesitamos unha contribución extra para poder continuar os procesos pendentes contra as novas autorizacións administrativa previa, a de construción e contra o acordo do Consello de Ministros en funcións que as propiciaron ao excluílo do cumprimento do trámite de avaliación ambiental. Inmediatamente temos que dispor de 900 euros para as provisións de fondos para este tres procedementos. Á parte debemos afrontar os gastos derivados co que está admitido a trámite no Supremo contra a modificación Puntual do Plan de Ordenación de Mugardos do 2012, realizada por mor doutra sentenza do Supremo que anulaba ao plan anterior que facilitou a concesión as autorizacións iniciais da planta.
É difícil poder concretar unha cantidade media a aportar, porque sempre vai depender da situación económica de cada quen. Barállanse cifras orientativas de uns 150 a 300 euros por asociación e de 20 a 40 euros (ou máis se se pode) por persoa a título individual.
Unha vez máis, moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!
Relación de gastos xudiciais ano 2016
Data.......... Concepto. .................................................... Importe.
08/07/2016 Honorarios procurador en el 4661/12. ...... 584,82
05/09/2016 Taxa recurso casación en 1768/16. .......... 1.161,00
08/11/2016 Depósito Casación contencioso 4290/08. 50,00
29/11/2016 Provisión de fondos en 1768/16. .............. 220,00
..
26/12/2016 Pago costas en 1517000089453710. ......... 2.169,00
28/12/2016 Liquidación final procurador en 2070/14. ... 168,08
30/12/2016 Liquidación final procurador en 35/04. ....... 530,53
02/01/2107 Liquidación final procurador en 966/04. ..... 1.001,22
30/03/2017 Provisión de fondos contra MINETUR. ....... 450,00
TOTAL ............................................................................... 6.334,65 euros
Para axudas económicas:
Desde España: 0049 3315 77 2894017995
Desde o Estranxeiro: IBAN ES 71 00493315772894017995
Ferrol a 12 de Abril de 2017
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de abril de 2017 20:04
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon