venres, maio 12, 2017

André Abeledo, concelleiro de Esquerda Unida de Narón, defende a urxencia de que as gasolineiras de autoservicio sexan reguladas dende a Xunta de Galicia - Entende urxente que a Xunta de Galicia se dote dunha normativa clara en canto as gasolineiras desatendidas


Unha vez este tipo de gasolineiras chegaron ao noso concello dende EU Narón entendemos necesario posicionarnos e advertir dos riscos tanto para o consumidor como para as traballadoras e traballadores do sector.

Dende EU Narón tamén entendemos que os concellos, incluído o Concello de Narón, deben posicionarse para defender os intereses e protexer os dereitos da veciñanza, tanto dos que son usuarios das gasolineiras como das traballadoras e traballadores do sector, esixindo a urxente regularización do sector e o peche deste tipo de gasolineiras, como se fixo en comunidades autónomas como Valencia ou Madrid.

Abeledo defende que é preciso acabar con as coñecidas como “gasolineiras fantasma”, nas que os clientes deben servirse eles mesmos a gasolina ou diésel e pagar en máquinas de cobro automático, sen que teña a ninguén que poida dar instrucións ou vixiar a que se faga un correcto uso das mangueiras de repostaxe. Debese ter en conta o produto do que estamos a falar, posto que a gasolina é un combustible con un alto perigo de explosión ou incendio, o que fai vital contar con unha persoa cós coñecementos e a formación necesaria para a manipulación das mangueiras. 

Ademais aqueles usuarios que precisen axuda, ben sexa por descoñecemento ou por unha discapacidade deben ter dereito a que alguén lles preste este servizo.

André Abeledo indica tamén que este tipo de gasolineiras son unha competencia que poderiamos chamar “desleal” posto que o traballo tanto de dispensar a gasolina como de cobro da mesma a ten que facer o usuario, poñendo así en risco postos de traballo en outras gasolineiras do noso Concello que teñen que pagar nóminas ós seus empregados.

Abeledo indica que este modelo de gasolineira é un perigo para o usuario, discrimina as persoas con discapacidade, e pon en risco postos de traballo.


André Abeledo
entende urxente que a Xunta de Galicia se dote dunha normativa clara en canto as gasolineiras desatendidas.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
11 de maio de 2017 21:54

____


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon