sábado, maio 13, 2017

Convocada a 11ª Márcha a Pé de Ferrol a Mugardos, para o venres 2 de xuño, contra o despropósito gasista de Reganosa - E organizado un Xantar Solidario, este sábado 20 de maio, en Sedes (Narón) - Participa !

Tags


11ª Márcha a Pé Ferrol-Mugardos


Venres 2 de Xuño, de 2017

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca, como cada ano desde 2007, a 11ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, denunciando a ilegal, perigosa, antieconómica e innecesaria Planta de Gas de REGANOSA, instalada – coa complicidade das Administracións – no centro das nosas vidas.

A pé, en carro, en bici… Acompáñanos na defensa da sostenibilidade da Ría e da Vida dos seus habitantes.

Saída, o venres 2 de Xuño, ás 17 hs, do Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza, Ferrol, e chegada á A.VV de Mehá, Mugardos, sobre ás 20 hs.


Xantar Solidario, sábado 20 de maio

O Comité Cidadán de Emerxencia, co fin de celebrar una xornada de convivencia  coas persoas que veñen apoiando as súas actividades  e de obter axuda económica coa que facer fronte aos gastos ocasionados polas demandas xudiciais contra a ubicación da Planta de Gas, organiza o sábado 20 de maio, ás 14,30 hs, un Xantar Solidario ao que convida a todxs xs amigxs e simpatizantes.

Lugar: RESTAURANTE “A Grella do Avó”, O Carballo, 21  SEDES – Narón.


Haberá música, cancións e boísima convivencia. Animádevos e axudaremos ao CCE na súa loita en defensa da Vida e da Ría.

Data tope de Reserva:  18 de Maio (Teléfs:  669208499  652201003  699548246).

Se non podes asistir tamén podes facer unha pequena doazón na conta 0049 3315 77 2894017995. Así poderemos continuar cos procesos xudiciais emprendidos en defensa da Ría e da Vida ameazadas pola Planta de Gas de Reganosa.
___

Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:

Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de maio de 2017 11:06
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon