domingo, xuño 04, 2017

Foi a 11 Marcha Ferrol-Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa no corazón da Ría de Ferrol - Vídeo - Álbum fotográfico - Enlaces ás Sentenzas

Tags

Clicar acima da imaxe para entrar no álbum fotográfico

O venres 2 de xuño deste ano 2017, tivo lugar a XI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, un dos actos emblemáticos que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ven convocando ininterrompidamente desde o 2007 para denunciar a ilegalidade, o perigo para a vida e a contaminación da Ría de Ferrol, a causa da corrupción que localizou e segue a manter a Planta de Gas no seu interior.

Comenzou, como é tradicional, ás 17 horas, no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza e rematou na A. VV. "O Cruceiro" de Mehá en Mugardos pouco despois das 20 horas, onde houbo breves intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta da Asociación Veciñal, de Lupe Cés, membro do CCE e de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do mesmo, valorando a xornada e a situación actual da Planta tras catro sentenzas do Supremo na súa contra. A continuación o persoal dedicou-se a repoñer forzas coas viandas alí preparadas por esta Asociación veciñal que tanto leva feito na defensa da vida e da ría, xa de moito antes daquel peche de 111 días que protagonizaran no Concello de Mugardos en 2007.

Durante o traxecto, en Maniños, o noso Coordinador, "Lalan", tivo oportunidade de participar no Programa "Radio FilispiM vai ao Cine Adriano", explicando o porqué da Marcha e as circunstancias da ameaza e corrupción de Reganosa. Programa que se emitiu o sábado, no dial 93.9 da FM, mais que se pode escoitar na rede.

Tamén os compañeiros Jorge Mirancos e Celso Posada, do programa "Directo de Esquerdas", que emiten os martes ás 21,30 hs, en Rádio FilispiM (93.9 FM), ao tempo que participaban na Marcha a Pé, realizaron numerosas entrevistas que publicarán nunha próxima emisión.


¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!


https://youtu.be/h7LMY4xicg8

---
Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Enviado por:

Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
3 de junho de 2017 10:52
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon