Reganosa, encostada a Forestal del Atlántico, SA e vomitando a sopa química |
O pasado 31 de maio de 2017, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, foi convidado a participar no Programa “El Toro por los cuernos” que presenta Pepa Antón, en Canal 31 - TV de Ferrol, no que participaron Luz Marina Torrente e Carlos Álvarez, membros do CCE, para falar da corrupción e do perigo da Planta de Gas de Reganosa e das Sentenzas do Tribunal Supremo que a declararon ilegal. a continuación presentamos a entrevista completa en dous vídeos.
https://youtu.be/haBfS8Z5Zp4
https://youtu.be/tjCLgpKvn6w
---
Sentenzas
Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.
Recursos
Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA
NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E
ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc
Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
3 de junho de 2017 13:50
_____________ _________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon