O eurodiputado do Partido Popular Gabriel Mato, xunto á Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana Carballo. |
A Oficina de Información do Parlamento Europeo no Estado ponse ao servizo do Partido Popular. | Un acto co sector pesqueiro organizado por esta oficina en Santiago só conta coa presenza do eurodeputado do PP Gabriel Mato. | A europarlamentaria galega Lídia Senra lembra que esta é “práctica habitual do PP” e que non é a primeira vez que ocorre.
A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusa á Oficina de Información do Parlamento Europeo en España de ignorar aos eurodeputados e eurodeputada galegos membros da comisión de Pesca nun acto que ten lugar hoxe venres en Santiago e no que se debate sobre a proposta de Regulamento sobre a conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas.
Senra critica que o programa do evento non inclúa máis que a presenza de Gabriel Mato, eurodeputado popular e relator do informe de medidas técnicas mediante o cal o Parlamento Europeo fixará a súa postura sobre dita proposta de regulamento comunitario. Estarán, ademais, a conselleira de Mar, Rosa Quintana, un portavoz da Dirección Xeral de Mar da Comisión Europea e representantes do sector.
"Non temos nada que obxectar a que Gabriel Mato, como relator do informe, explique en Galiza a proposta da Comisión Europea e a súa postura sobre o futuro regulamento de medidas técnicas, pero lamentamos que non se teña en conta, por parte da Oficina do Parlamento Europeo no Estado, a pluralidade existente na comisión de Pesca; xa que o documento aínda non foi aprobado, está en fase de achegas, e polo tanto a visión que pode dar Gabriel Mató é a súa como relator. Para fixar a posición do Parlamento, aínda terá que aprobarse na comisión de Pesca primeiro e finalmente no Pleno", sinala Senra.
A Oficina de Información do Parlamento Europeo no Estado Español non debería organizar reunións de carácter partidista ignorando a pluralidade do Parlamento comunitario. "Un ente destas características non pode dar voz soamente a unha parte", afirmou Lídia Senra.
Non é a primeira vez que o PP é a única voz nas reunións sobre o informe de medidas técnicas. No verán de 2016, o Consello Galego de Pesca reuniuse para abordar o futuro regulamento e ao encontro só foi convidado, nun novo uso partidista deste ente, o eurodeputado Gabriel Mato.
Bruxelas, 2 de xuño de 2017.
Lídia Senra, eurodeputadagalega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.
Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
2 de junho de 2017 10:39
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon