Os eucaliptos superaron o medio millón de hectáreas na Galiza e mesmo inzaron lugares emblemáticos como a Prazo do Obradoiro compostelá e a Ferrería de Pontevedra, imaxes que reactivaron a loita contra a eucaliptización, da man da Rede Cousa de Raíces, unha loita pola conservación da nosa natureza e dos nosos recursos produtivos, mesmo do patrimonio etnográfico e cultural. Un contexto no que ADEGA e outros colectivos presentaron no último ano máis de 300 denuncias, das que a administración so puido resolver unha de cada cinco, mais que abondan para demostrar o manifesto incumprimento da lei. Unhas páxinas que estaban a escribirse no mesmo intre no que a traxedia do lume se cebaba no pais veciño, sen dúbida acrecentada nas súas dimensións por un monte inzado de eucaliptos e sen o debido ordenamento e coidado.
Poucos éxitos se poden nomear na loita ecoloxista contra a eucaliptización, que non por iso deixa de ser un tema de grande incidencia para o noso medio, a substentabilidade a o futuro ambiental, social e mesmo a seguranza na Galiza. Por iso, estas páxinas do Sermos ADEGA recollen dous casos de éxito noutros ámbitos, o dique do Miño (Lugo) e a Cova Eirós (Triacastela), despois de longas e intensas loitas contra a desidia das administracións (in)competentes. E aproveitamos para saudar dúas iniciativas que veñen a reforzar este traballo, no eido dos ríos e do patrimonio cultural.
Sermos-Adega nº 11: Eucaliptos, patrimonio, ríos... A loita que non cesa! | 30.06.2017 | Sermos Galiza.
Nota.- Pode-se conseguir nos quioscos e librarías de balde comprando o semanario 'Sermos Galiza' desta semana ou baixando da rede. | Acceder/Baixar.
--
adegatrasancos@adega.gal | ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza). | Delegación de Ferrolterra. | Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol. | www.adega.gal .
Información baseada na enviada por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
30 de junho de 2017 17:56
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon