A estación depuradora de Ferrol-Naron-Neda en Cabo Prioriño - Foto de Jorge Meis. |
Abeledo adianta que dará o seu voto favorable no Pleno aos requirimentos feitos polo Concello de Narón a Augas de Galicia e ao Concello de Ferrol
André Abeledo adiantou na Xunta de Portavoces, celebrada este luns día 27, que EU Narón dará no Pleno deste xoves día 30 de Novembro o seu voto favorable a ratificación dos requirimentos a Augas de Galicia e ao Concello de Ferrol, para deixar sen efecto e sen vixencia, o convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento, conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol.
O concelleiro indica que EU Narón mantén así o seu compromiso coa veciñanza ao defender os seus intereses. Narón ten que ser tido en conta e o seu Goberno debe defender en todo momento o mellor para o presente e o futuro da cidadanía.
André Abeledo tamén deixou constancia durante a Xunta de Portavoces que dende EU Narón seguiremos con atención o proceso e as posibles negociacións.
Imos dar o noso apoio ao Goberno nesta decisión que entendemos é acertada e necesaria, pero non estamos a dar un cheque en branco.
Seguiremos a defender que as economías familiares non poden verse lastradas por una taxa sobre un servizo básico excesivamente alta, entendemos que o problema está no actual modelo e defendemos a municipalización do servizo, defendemos o público.
Abeledo entende que agora a pelota está sobre o tellado de Augas de Galicia, posto que é a responsable da depuración e quen ten que dar unha saída. E que no caso de asinarse un novo convenio, dita encomenda terá que saír novamente a concurso.
Tamén defendemos que Narón en todo caso debería pagar o coeficiente de vertido, e non unha taxa que finalmente está en mans da parte privada.
O concelleiro mantén a postura de que Narón non pode deixar o seu futuro en mans de terceiros, temos unha responsabilidade para con nosos veciños, esa responsabilidade obríganos a defender os seus intereses por riba de todo.
GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
28 de novembro de 2017 11:46
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon