Os accidentes suceden (Bhopal-1984, Senghenydd-1913, Chernobyl-1986, Oppau-1921, Savar-2013, ... ) , miles e miles deles, imprevisíbeis, o factor técnico e tamén o humano, forman parte das causas, é por iso que a prevención forma parte fundamental da seguridade, é unha planta de gas como a de Reganosa, construída con favoritismos do poder, onde nunca se debeu construír. Encostada a unha planta química (Forestal del Atlántico) que almacena ducias de miles de toneladas de produtos tóxicos e altamente inflamábeis, cunha central eléctrica e unha fábrica de colas (Imegasa), a moi poucos metros do núcleo de poboación de Meá, a 700 metros da vila de Mugardos, a 1.000 do Arsenal Militar e a 2000 do Centro de Ferrol, non é unha planta segura, porque non respecta o principio da prevención, localizando-se a poucos metros dos núcleos de poboación. Unha regasificadora que aumenta exponencialmente o seu perigo, sempre que descarga ou carga un buque o gas natural licuado. Agora pretenden facer un Hub, como o grande avance no seu negocio, cando o que realmente suporía, no caso de funcionar, só un aumento do potencial perigo. Este accidente en Austria, ven chamar a atención da bomba de reloxería que nos impuxeron no corazón da nosa Ría. Despois de catro sentenzas en contra da regasificadora de Mugardos, o goberno español, daquela en funcións, resolveu eximir a Reganosa da avaliación de impacto ambiental, para non ter que cumprir as sentenzas do Tribunal Supremo. O Comité Cidán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sigue na loita contra este despropósito gasista.
Accidente mortal de GNL en Austria
Polo menos unha persoa morreu o martes 12 de decembro, e outras 18 resultaron feridas, cinco delas graves, nunha explosión na terminal de gas Baumgarten do consorcio petrolero austríaco OMV na localidade de Weiden an der March, no leste de Austria.
Unha explosión dunha tubaxe e o posterior incendio na planta de gas de OMV en Baumgarten.
Desgraciadamente estas noticias fannos ter presente a situación de risco permanente a que nos vemos abocados nesta comarca, “grazas” á Planta de Gas de REGANOSA dentro da nosa ría, incumprindo as máis elementais medidas de seguridade coa complicidade das Administracións.
Tivo lugar este accidente na localidade de Weiden an der March, ao Leste do país, na fronteira con Eslovaquia.
A forte explosión causou danos importantes na terminal e provocou un importante incendio en seis edificios, subindo a temperatura varios centenares de graos -segundo os bombeiros- derretendo automóbiles nas inmediacións e causando enormes columnas de fume visibles desde Viena a 26 km.
A zona foi acordoada nun amplo perímetro, acudindo 150 bombeiros, varios helicópteros e numerosas ambulancias medicalizadas.
A terminal de Baumgarten é o principal centro de distribución en Austria para o gas que chega de Rusia e Noruega. Esta infraestrutura inaugurada en 1959 é un dos máis importantes "hub" gasísticos de Europa central, Dá servizo tamén ao norte de Italia e o sur de Alemaña e outros paises do Leste.
A consecuencia do accidente foi posta temporalmente fóra de servizo e suspendeuse a subministración.
A noticia da explosión provocou un aumento dos prezos nos mercados europeos ante o temor de posibles recortes e restricións na subministración en pleno inverno.
A nova: Gasexplosion im Weinviertel: Ein Toter, Brand nach Stunden gelöscht | Ir á Web.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de dezembro de 2017 20:44
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon