venres, decembro 22, 2017

O Premio 'Ferrol Solidario 2017' foi para contribuir coa financiación da construción dun pozo de agua potábel, para 15.000 persoas, no campo saharaui de Djala - O proxecto sociosanitario da asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui foi o recoñecido nesta décima edición


SOGAPS RECOLLE O X PREMIO SOLIDARIO DO CONCELLO PARA SUFRAGAR A CONSTRUCIÓN DO POZO DE AUGA POTABLE EN TINDUF

Os 5.000 euros do premio financiarán a construción dun pozo de agua potable para 15.000 persoas no campo saharaui de Djala.

Foi o proxecto mellor valorado entre os 17 que se presentaron a esta décima edición por parte das 16 entidades participantes.

Sogaps, a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, foi recoñecido hoxe coa X edición do Premio Solidario Cidade de Ferrol, cun proxecto sociosanitario para dotar dun pozo de auga potable aos campamentos de Tinduf, de apoio a poboación refuxiada no campo de Djala e mellorar a saúde e a calidade de 15.000 persoas.

Foi nun acto moi emotivo celebrado este mediodía no Salón de Recepcións, encabezado polo alcalde, ao que asistiron os representantes do Goberno, dos outros grupos da corporación municipal e tamén foron convidados os representantes das entidades do tecido social da nosa cidade, que se tiñan presentado a esta décima convocatoria do Premio Solidario: Acción Familiar,Asociación Parkinson Ferrol (con dous proxectos), Asociación de Persoas Xordas, Cociña Económica, Asociación Sociocultural ASCM, Refuxio Pardo de Atín, Aspace, Asotrame, Cáritas, Cogami, Alcer, Asociación de Veciños Val de Esmelle, Sogaps, Fundación Autismo, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Asociación Grupo Diversidade Funcional.

O proxecto de SOGAPS foi o mellor valorado de entre os 17 proxectos presentados por 16 entidades a esta décima edición. Trátase dun proxecto de escavación que levará a cabo no Campamento de Dajla nun terreo cedido polo Goberno Saharauí e que estiman, podo beneficiar, de xeito directo a 15.000 persoas.

Ao recoller o galardón, a representante de SOGAPS, Maite Isla, emocionada e agradecida, relatou a dureza das condicións de vida nos campos saharauis, do que procede Yousuff, o neno que recollía o galardón que reduNdadá no beneficio do seu pobo, así como que durísima, inxusta represión política e social extrema de Marrocos sobre o Sáhara.

O alcalde, Jorge Suárez, destacaba o espírito deste premio solidario como “un valor fundamental na convivencia da sociedade, na construción da paz, na loita contra a desigualdade, a marxinación, a violencia..” e o compromiso do Goberno coa xustiza social e coa loita para construír unha sociedades de oportunidades para todos.

Neste día, e neste X premio solidario, é obrigado recoñecer o labor das entidades sociais da nosa cidade, que fan da solidariedade o fío condutor e o obxectivo final do seu día a día”, destacaba o rexedor.

A concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, tamén salientaba a dimensión e o impacto que a proposta gañadora terá na calidade de vida dos campamentos de Tinduf. Un pequeno grao de area desde Ferrol para o Sáhara.

Ferrol, 20 de decembro, de 2017

Publicado na Web oficial do Concello de Ferrol. | 20 de decembro de 2017 | Ir á Web.
---

Solidariedade Galega co Pobo Saharagui

http://sogaps.org/gl/

Queres ser familia acolledora, no programa Vacacións en Paz? | Ir á Web.

Queres contribuír ao proxecto un quirófano para o Sahara? | Ir á Web.

Voluntariado

Sumar á rede de voluntari@s. Axúdanos en atender as necesidades dos campamentos de refuxiados Saharauis e na loita por recuperar a súa terra. | Ir á Web.
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon