Con máis do 81% de participación, o Pobo Catalán votou e a maioría dixo non á imposición do 155. Un resultado que indica a continuidade de Carles Puigdemont na presidencia da Generalitat. O resultado das urnas lanzou a Madrid unha mensaxe clara e contundente o Pobo Catalán elixiu que haxa un goberno na Generalitat e un Parlament de maioría independentista, unha ratificación ao procés e á proclamación da República Catalana.
Cun poder político secuestrado e a Generalitat intervida por mor da aplicación do 155, con cargos institucionais electos no exilio ou en prisión, con ducias de sumarios abertos, a activistas sociais, dirixentes políticos e centos de alcaldes, perseguidos xudicialmente a ditado do poder político e económico do IBEX35, coa complicidade de partidos políticos e a soberbia "neutralidade" doutros. Coa maioría dos medios de comunicación convencionais imbricados de españolismo político, tomando partido pola represión política e na elaboración do discurso político antidemocrático, da represión violenta, do asalto aos colexios electorais, do secuestro de urnas... Mais o Pobo Catalán resolveu restituír a democracia e a súa soberanía. O dereito a decidir, o dereito á libre determinación, é inalienábel, e tarde ou cedo vai-se volver a exercer como se fixo o 1 de Outubro, mais desta vez, sen a brutal represión gobernamental, xudicial e policial.
O goberno do PP, a coroa de Felipe VI, o IBEX35, o CNI, o loby mediático... son os perdedores desta contenda electoral, desta contenda política que a pesar das condición adversas, os partidos soberanistas saíron vitoriosos. Foi un grande traspés aos partidos do 155 que mobilizaron aos que eles chaman a maioría silenciosa que son os que votan poder, os que teñen medo á liberdade.
O partido do IBEX35, Ciudadanos, foi o que gañou as eleccións, un partido sen implantación social, sen alcaldías, sen apenas vida social... un partido que representa, na súa maioría ao cidadá apático, reaccionario no social, individualista e moi competitivo, representa á nova clase media de pensamento liberal, no económico e no social... o que se chama o centro sociolóxico. Polo que o apoio a este partido remata no momento en que se vexa que o resultado non sirva para cambiar a situación, nin que se lle poda tirar un rédito político. Iso si serviu para muxir uns cantos votos ao PP.
---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon