CONCENTRACIÓN
XOVES 22 DE FEBREIRO
ÁS 19 H, NA PRAZA DE ARMAS
DO CONCELLO DE FERROL
O Fondo de Reserva establecido no Pacto de Toledo esta sendo saqueado e baleirado facendo perigar o futuro dos nosos maiores e das novas xeracións.
Os falsos incrementos do 0,25% anual afondan aínda máis a perda do poder adquisitivo de todo os pensionistas.
Coñecidos especialistas no tema veñen alertándonos do risco que corremos, mentres o Goberno de Rajoy e os seus ministros negaban a realidade.
¡Pero a pantomima acabouse! Agora é o propio Presidente do Goberno quen nos di que hai que aforrar para pensións e para a educación dos nosos fillos.
Traducido ao “cristián”, ¡que se acaban as pensións públicas e debemos facer plans privados! E a forma de axudar a banca, mentres nos rouban o froito do traballo dás xeracións pasadas.
Diante destas informacións, un grupo de asociacións e colectivos cidadáns dá comarca de Ferrolterra, coincidindo con outros moitos lugares do pais, facemos un chamamento cos seguintes OBXECTIVOS:
- Pola defensa do Sistema Público de Pensións.
- Pola recuperación do Fondo de Pensións, establecido nos Pactos de Toledo.
- Por uns salarios dignos que garantan as pensións dos mozos.
- Por unhas pensións dignas, propias do século XXI ¡Xa!
- Por un incremento dás pensións segundo o IPC real. Recuperando o poder adquisitivo perdido.
- Pola creación dunha Renda Básica para as persoas en risco de exclusión.
¡Todas as persoas teñen dereito a unha vida digna!
¡ ATENCIÓN O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS, ESTÁ EN PERIGO !
Notas.-
Fonte Imaxe: detalle dun cartaz da CIG con desenño de Davila (OBichero).
Fonte Texto: Promotora Veciñal por unha Plataforma de Ferrolterra na Defensa do Sistema Público das Pensións e por unha Pensión Digna.
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon