En Ferrol como notras cidades e vilas da Galiza e do resto do Estado, vai ter lugar unha mobilizaciñon en defensa do sistema público de pensións - Sábado 17 de marzo, ás 12 do mediodía no Cantón.
Pola Defensa do Sistema Público de Pensións reivindicamos os mesmos obxectivos comúns:
- Pola defensa do Sistema Público de Pensións.
- Pola recuperación do Fondoi de Pensións, establecido no Pacto de Toledo.
- Por uns salarios dignos que garantan as pensións da mocidade.
- Por unhas pensións dignas!
- Por un incremento das pensións segundo o IPC real, recuperando o poder adquisitivo perdido.
- Pola creación dunha Renda Básica para as persoas en risco de exclusión.
Contacte en:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
COMUNICADO PÚBLICO
A Plataforma en defensa das Pensións Públicas en Ferrolterra, acordou organizar unha concentración social nos Cantóns do concello de Ferrol (Praza da Constitución) o vindeiro sábado día 17 demarzo ás 12:00 horas do medio día, en protesta polas actuais políticas dirixidas aos pensionistas en materia social e económica do actual goberno de Mariano Rajoy.
Despois da concentración desenvolta na Praza de Armas, o pasado 22 de febreiro e da Asemblea celebrada no Centro Cultural Carvalho Calero, o pasado día 6 de marzo, a Plataforma constituída para a defensa do sistema público de pensións no ámbito da nosa comarca convocou unha concentración que se desenvolverá o sábado 17 de marzo ás 12 do mediodía, en sintonía, coas convocatorias lanzadas en todo o territorio do Estado Español (este mércores, día 14 tiñamos constancia de 153 convocatorias noutras tantas localidades da xeografía).
Despois da Asemblea do día 6 no Centro Cultural Carvalho Calero, desenvolvéronse iniciativas tendentes a lograr a maior asistencia posible para o concentración prevista para o sábado 17. Neste sentido, difundíronse octavillas coa convocatoria en todas as localidades da Comarca, e tamén diante da porta da Bazán. Así mesmo, se lanzou un coche con megafonía para anunciar a convocatoria e se puxeron en marcha todos os mecanismos que as redes sociais nos permiten explorar.
Convócase para a defensa do sistema público de pensións a:
Os que, xubilados, se senten reféns de gobernos que adoptan decisións mirando a aspectos que nada teñen que ver coas súas problemáticas diarias. Modificouse o sistema de revalorización de pensións establecendo mecanismos tendentes a reducir o monto total do gasto, mediante o empobrecemento e redución do poder adquisitivo das persoas pensionistas.
Os que, estando preto da xubilación, vemos que estamos a ser vítimas de medidas aprobadas no parlamento que cambian substancialmente as condicións nas que viñemos desenvolvendo o noso traballo e as cotizacións realizadas ao longo da nosa vida laboral. Así estamos diante dun atraso da idade de xubilación, unha ampliación dos períodos a ser considerados para o cálculo da base reguladora das nosas pensións, e, finalmente á introdución dun factor de sostibilidade do sistema que se ven a resumir como unha cantidade arrincada á nosa pensión unha vez calculadas as nosas cotizacións e o período de tempo cotizado.
Os que, por falta de períodos de cotización suficientes se ven arroxados a un sistema de case beneficencia, con cantidades irrisorias adxudicadas en moitas ocasións de forma condicional as persoas concibidas nun entorno familiar. Aquí están as pensións non contributivas pero tamén, polo reducidas que son, as pensións de viúva, En todas elas son as mulleres o suxeito principal.
E finalmente, todos eses traballadores e traballadoras ou non, que nin sequera poden estar seguros de que o sistema público vaia a perdurar e manter unhas condicións de dignidade mínimas, tendo en conta que son moitos e moi poderosos os intereses que están en xogo, e a pouca credibilidade que, a estas alturas ten o sistema político.
Entre as cousas que defendemos están:
- Pensión mínima que mellore substancialmente a actualmente vixente. Esta pensión mínima afectaría as pensións contributivas, as non contributivas e ás de enviuvade como mínimo.
- Incremento e revalorización das pensións conforme ao IPC, con elementos correctores para recuperar o poder adquisitivo perdido estes últimos anos.
- Derrogación das últimas reformas do sistema de pensións: a desenvolta unilateralmente polo PP no 2013. Pero tamén se propón a derrogación da reforma aprobada no 2011 polo goberno de Zapatero.
- Impedir en todo caso a entrada en vigor do factor de sostibilidade tal e como o ten imposto unilateralmente o PP aplicando unha maioría da que xa non goza.
- Regulación das contas bancarias polas que se percibe a pensión con exención de gastos e comisións.
- Derrogación de todas as medidas que instauraron o chamado copago -repago en realidade.
- Revisión dos medicamentos excluídos do recetario da Seguridade Social.
- Establecemento dunha política de prezos taxados e de control do mercado en temas como transporte público, prezos enerxéticos (gas, electricidade), prezo da auga, accesos a bens públicos, conveniados ou subvencionados.
- Recuperación da idade legal e obrigatoria de xubilación aos 65 anos, recuperación do sistema de cálculo das pensións finais cos criterios anteriores ao 2011.
- Derrogación das últimas reformas laborais que son as principais responsables da situación de risco que afecta ao Sistema público de pensións....
Ferrol, 15 de marzo de 2017
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon