sábado, marzo 17, 2018

En Ferrol, miles de persoas saíron á rúa na defensa do sistema público de pensións, este sábado 17 de marzo, como noutras cidades e vilas da Galiza e do Estado - Mobilización convocada pola Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra - Vídeos - Convocada Asemblea para o xoves 5 de abril


Convocadas pola Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra, miles de persoas saíron en Ferrol na defensa do sistema público de pensións este sábado 17 de marzo, como noutras cidades e vilas da Galiza e do Estado. Unha mobilización convocada pola Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra.

Pouco antes das 12 do mediodía, centos de persoas camiñaban cara o Cantón de Ferrol, comezaron a rodear o Palco da Música, onde estaba situada a pequena megafonía que serviu de amplificador dos comunicados e palabras que membros da Plataforma, compartillaron cos miles de persoas que acudiron ao chamado do movemento de Ferrolterra para a defensa do sistema público de pensións, ameazado polo goberno neoliberal do Partido Popular, presidido por Mariano Rajoy. Un goberno que representa ao IBEX35 e aos intereses das grandes corporacións transnacionais.

Comezou-se a mobilización coa lectura do comunicado unitario por parte de Mercedes. Magoa de non ter o vídeo completo da súa intervención, porque foi unha proclama leida con emoción e convicción. Logo continuaron as intervencións dalgúns membros da Plataforma que reproducimos nesta publicación, logo de transcribir os puntos que se defenderon no comunicado.

Hai dous xeitos de defender o sistema público de pensións, un é aumentando os ingresos, mesmo só chegaría coa devolución do roubado á Clase Traballadora, e outra recortar as pensións, e isto último foi o que veu sucedendo desde 1985 coa primeira reforma do goberno socioliberal de Felipe González, até hoxe. Nalgúns momentos os partidos do réxime contaron coa colaboración de certas centrais sindicais, que aínda non fixeron a súa autocrítica, nin pediron perdón. Chegou o momento de cambiar o conto, transformando a realidade, con loita e convicción, o cambio é posíbel.

Entre as cousas que se propoñen están:
  • Pensión mínima que mellore substancialmente a actualmente vixente. Esta pensión mínima afectaría as pensións contributivas, as non contributivas e ás de enviuvade como mínimo.
  • Incremento e revalorización das pensións conforme ao IPC, con elementos correctores para recuperar o poder adquisitivo perdido estes últimos anos.
  • Derogación das últimas reformas do sistema de pensións: a desenvolta unilateralmente polo PP no 2013, e tamén a reforma aprobada no 2011 polo goberno de Zapatero.
  • Impedir en todo caso a entrada en vigor do factor de sostibilidade tal e como o ten imposto unilateralmente o PP, aplicando unha maioría da que xa non goza.
  • Regulación das contas bancarias polas que se percibe a pensión con exención de gastos e comisións.
  • Derogación de todas as medidas que instauraron o chamado "copago", -repago en realidade.
  • Revisión dos medicamentos excluídos do receitario da Seguridade Social.
  • Establecemento dunha política de prezos taxados e de control do mercado en temas como transporte público, prezos enerxéticos -gas, electricidade, prezo da auga, accesos a bens públicos, conveniados ou subvencionados.
  • Recuperación da idade legal e obrigatoria de xubilación aos 65 anos, recuperación do sistema de cálculo das pensións finais cos criterios anteriores ao 2011.
  • Derogación das últimas reformas laborais que son as principais responsables da situación de risco que afecta ao Sistema público de pensións....
Vídeos das intervencións de hoxe en Ferrol:


https://youtu.be/lZZqadwAgTA


https://youtu.be/Pt2o_yFxw0g


https://youtu.be/MDkGLnUpZPM


https://youtu.be/LaD1IR84mQE


https://youtu.be/4Pf9Qt1EDNA


https://youtu.be/DvKyMqu1DDI


https://youtu.be/D3uEOTGM8qU


Para contactar coa Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra.

Neste correo-e:

plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

AVISO IMPORTANTE:

Convocada Asemblea en Ferrol, para o xoves 5 de abril, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon