En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza, tivo lugar unha concentración en solidariedade con Catalunya, pola democracia e a liberdade dos presos políticos. Ante a onda represiva que percorre Catalunya e a detención do President Carles Puigdemont, nunha clara situación de involución democrática propiciada polo réxime monárquico e corrupto. A mobilización social e a resposta política, son fundamental nestes momentos no que nos xogamos a liberdade, nun momento no que o réxime amosase unido, mesmo con amplos sectores da xudicatura, todo acorde cos intereses do IBEX35 e o mais rancio do nacionalismo español. Non só co secuestro da autonomía coa aplicación do 155, senón, impedindo co apoio xudicial a constitución dun goberno da generaritat e como colofón a detención por orde do maxistrado Llaneras a prisión da metade das perdoas que formaron parte do anterior goberno da generalitat.
A chuvia non impediu que se amosara na nosa cidade a solidariedade coa presencia de sindicalistas, representantes institucionais, xente da cultura e do movemento social... como o ex alcalde de Ferrol Xaime Bello Costa; o actual alcalde Jorge Suárez; o alcalde de San Sadurniño Secundino Garcia Casal; o secretario comarcal da CIG, Manel Grandal; os membros de Fuco Buxán AC, Rafael Pillado Lista e Manuel Angel Rodríguez Carballeira;... Que non nos poda a indiferenza, que o silencio non se apodere das forzas transformadoras e democráticas...
Nova relacionada en Ártabra 21:
Vulneración de liberdades cívicas e debilitamento da democracia - Novas detencións de cargos electos en Catalunya - Carta de despedida da parlamentaria catalá Marta Robira, que deixa testemuña da situación de vulneración de dereitos que se está a dar no Estado Español, e da actuación da Xustiza ao ditado dos intereses políticos. | Ir á Web.
Manifesto Basta Xa!
Como galegas e galegos, que sabemos moito de humillacións e de falta de respecto á nosa dignidade como pobo, manifestamos a nosa repulsa pola forma en que o Estado español está a tratar o pobo catalán, as súas institucións democráticas e os seus e as súas lexítimas representantes políticas. | Ir á Web.
Galiza con Catalunya
A situación política en Catalunya é de máxima excepcionalidade. A suspensión da autonomía por parte do Estado e o uso da forza e da coerción física para impedir a inevitábel declaración de independencia do pobo catalán pairan no ar. Mais xa non só como posibilidades remotas ou certas, senón como ameazas constantes dun rexime decrépito e entolecido que chama "referendum ilegal" á democracia e "desafío secesionista" ao dereito de autodeterminación. | Ir á Web.
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon