Por Celso Posada Fernández [*]
16.03.2018
Como fillo de pensionistas de Clase Traballadora quero amosar o meu total apoio, solidariedade, admiración, respecto con tod@s @s pensionistas que están organizándose, mobilizándose e saíndo as rúas a loitar na Defensa do Sistema Público de Pensións e dunhas Pensións Dignas.
Moitas persoas e familias sobrevivimos grazas ao traballo, ao esforzo, ao sacrificio, aos afectos e as ás axudas das nosas nais e pais, avos, avoas, que coas súas pensións sosteñen-nos e apoian-nos. Grazas a iso moitos como a min puidemos estudar, temos un teito onde durmir, un prato de comida na mesa.
Por todo isto quero facer un chamamento a toda a xuventude pra loitar conxuntamente coas persoas maiores e con todas as pensionistas na Defensa do Sistema Publico de Pensións. A súa loita é a nosa loita e pra poder vivir con dignidade e ter un futuro con dereitos. Defender unhas Pensións Públicas Dignas, hoxe é defende-las maña.
Este Sábado 17 de Marzo hai Manifestacións, Concentracións e Mobilizacións en moitas cidades da Galiza e do Estado Español convocadas tanto pola Coordinadora Estatal, como polo Movemento Galego na Defensa do Sistema Público de Pensións como polas Plataformas de Pensionistas. Xuventude e Maiores salgamos as rúas e vaiamos xuntos na Defensa do Sistema Público de Pensións que esta sendo salvaxemente recortado e atacado por M. Rajoy e polo goberno do PP, un goberno neoliberal, clasista e privatizador que rescatou vergoñenta e infamemente os bancos e as autopistas, e que fixo unha infame Amnistia Fiscal aos seus amiguetes namentres non rescata as pensionistas. O de M. Rajoy e do PP e un goberno neoliberal o servizo das grandes multinacionais, da banca, das elites económicas e financeiras e que traballa o servizo dos Plans de Pensións Privados.
O 17 de Marzo todos/as as rúas
XUVENTUDE E MAIORES NA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS.
En FERROL CONCENTRACIÓN
o 17 de Marzo, ás 12:00
na Praza da Constitución (Cantón).
EU VOU. ACUDE. APOIA . PARTICIPA E DIFUNDE.
[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista, Socialista, Republicano e de esquerdas. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.
Artigos de Celso Posada en Ártabra 21.
Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
14 de março de 2018 14:17
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon