O venres 9 de marzo, ás 19:30 h, terá lugar no #AteneoFerrolán a presentación do libro "A liberdade no século XXI" de Enrique Sáez Ponte. Conversando co autor estarán Julia Díaz Sixto e Xavier Alcalá.
http://editorialgalaxia.gal/
O crecemento da poboación e da economía que se rexistra desde hai douscentos anos crea condicións sociais moi diferentes ás de tempos históricos anteriores.
Despois das revolucións liberais, o pobo converteuse no depositario exclusivo da lexitimidade do poder político. O poder xa non vén de Deus ou da tradición ou de calquera outra fonte que daba a unha persoa, a unha familia, a unha caste o dereito de mandar sobre os demais. Esa xigantesca vitoria ética é a gran conquista dos demócratas: o Estado de dereito non é só un logro político, é tamén a gran revolución social. Así e todo, o ser humano debe enfrontarse permanentemente á concentración de poder en minorías que o usufrutúan. Esa é a razón deste ensaio, a mingua de liberdade que produce a acumulación de poder nun grao non coñecido antes e nunha sociedade máis grande e conectada. Combinando axilidade expositiva e rigor, neste libro analízanse os procesos actuais de acumulación de poder nos seus hátitats principais: os aparellos político-burográticos, o capital e a comunicación. A eles engádese unha das cuestións máis importantes para as sociedades deste século: a problemática específica das mulleres. A loita polas liberdades non remata nunca.
--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade. | e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza).
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
No Facebook
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
7 de março de 2018 20:25
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon