xoves, marzo 29, 2018

Tes dous minutos? O Ateneo Ferrolán inicia unha campaña para sumar socias á súa dinámica cultural - 'Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo'


"Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo"

O Ateneo Ferrolán inicia unha campaña para sumar socias á súa dinámica cultural Fundado no ano 1879 pasou por diferentes e comprometidas etapas até que foi pechado toda a longa etapa da ditadura franquista. Refundado no ano 1976, o Ateneo Ferrolán, tense convertido nun punto de referencia e consulta imprescindible dentro do mundo cultural de Ferrol e en xeral de Galicia, non so polos centos de actividades culturais (debates, cine, conferencias, mesas redondas, exposicións, concertos, etc...) que organiza senón pola súa capacidade crecente de convocatoria na realización das distintas e plurais actividades programadas, e tamén porque é unha entidade que ofrece o seu espazo a entidades e asociacións que queiran dispoñer das súas instalacións...

Campaña Asóciate ao Ateneo Ferrolán


Tes dous minutos?

Asóciate ao Ateneo Ferrolán

Polos que foron, polos que son, e polos que serán: Faite Soci​@!

Colabora con nós! ASOCIATE!
Pola cultura libre e participativa

Os socios e socias constitúen a base social do Ateneo sendo a canle de participación da cidadanía no Ateneo. A súa presenza dálle á entidade pluralidade, independencia e fortaleza e contribúe activamente ao seu dinamismo e eficacia.

Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo.

Sermos máis socios e socias é facer do Ateneo Ferrolán o "noso" ateneo.

Sendo soci@ do Ateneo Ferrolán accederás ao servizo de préstamo da nosa Biblioteca-Hemeroteca, da nosa Filmoteca, ao Caderno bianual, a recibir información de todas as nosas actividades: cine, exposicións permanentes, charlas, música en directo (desconto aos soci@s), conferencias, curtametraxes, movementos sociais, club de lectura, concursos e certames propios ......

Faite soci@:

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html
--

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan FACEBOOK.
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
27 de março de 2018 19:13

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon