10 de marzo de 1972, en Ferrol - Ilustración de Fernando Ocampo |
Un ano máis conmemoramos o 10 de marzo, unha data ligada a Ferrol, para a Historia, e en particular para a Historia do Movemento Obreiro Galego.
Aquel Marzo do 72, os sucesos e o contexto que os redou, deron nome ao Día da Clase Obreira Galega.
Unha parte é memoria histórica, lembrar ás persoas, ás loitas, os obxectivos, ... á ditadura, a loita pola liberdade. E outra parte ligada a loita obreira que despois de 46 anos segue a loita pola polos dereitos laborais, pola redución da xornada laboral, polo salario, contra a represión, contra o traballo pobre, pola calidade de vida, pola vivenda, contra a explotación do Capital, contra o roubo descarado dos bens do pobo... Noutros parámetros, noutras condicións, mais loita obreira e popular.
Periga a liberdade de expresión, diante dun Estado autoritario, o dereito a decidir, a súa defensa e unha práctica política que pretenda desenvolver o dereito á autodeterminación, e os dereitos históricos das nacións do Estado, son perseguidos con prisión incondicional... Mais algo esta-se movendo, sexa o sucedido en Catalunya que o pobo consciente en pé, destapou un nacionalismo español rancio e imperial... camuflado en formalismos democráticos, mentres non se tocaban os privilexios e prebendas do nacionalismo dominante. Sexa a autorganización dun movemento disposto a defender o sistema público de pensións ameazado e en perigo pola aplicación das políticas neoliberais.Un movemento que se está mobilizando. E hai uns días o movemento feminista logrou unha grande mobilización social, só posíbel polo aumento da consciencia política do tecido social, as mulleres pola igualdade, as mulleres contra a violencia, as mulleres contra a pobreza,... as mulleres contra o Patriarcado, un sistema de dominación que se basea en manter a opresión sobre a muller. Estas frontes pode que acaden a forza suficiente, para conquistar as liberdades secuestradas e derrotar as políticas neoliberias da reacción, o IBEX35 e as grandes transnacionais.
Este 10 de Marzo de 2018, o sindicalismo nacionalista, mobilizarase pola contra a pobreza, a precariedade laboral e a defensa do dereitos. No xornal Sermos Galiza, destacaban a descrición da situación que amodsa a CIG, onde di que “corremos o perigo da consolidación dunha situación social sen saída, dun empobrecemento xeneralizado e do asentamento, de forma permanente, das novas formas de explotación laboral, das cadeas interminábeis de subcontratación, dos falsos autónomos, de empresas multiservizos, xunto cunha interminábel emigración que, desde o comezo da crise, significou a marcha da Galiza de 153.000 mozos e mozas”.
Os sindicatos estatais, aínda que UGT, non recoñece o "Día da Clase Obreira Galega", participa e destacan o inicio da “ofensiva contra a precariedade laboral”.
Manifestación e Actos da CIG
A CIG, parte en manifestación, ás 12 do mediodía desde a Paza José Couso e a confluencia entre a a avenida de Esteiro e a rúa Eduardo Pondal, percorrendo o centro de Ferrol, rematando no monumento ao 10 de Marzo, onde se realizará unha ofrenda floral.
Manifestación e Actos de CCOO, UGT e Institucionais.
11.00 horas: ofrenda floral no monumento ao Dez de Marzo.
11.30 horas: manifestación desde o monumento até o Cantón.
13.00 horas: entrega dos Premios 10 de Marzo no Auditorio Torrente Ballester. Este ano recaen en Aurelio Ledo, Olga Zurrón e Emilio Pérez Touriño
En Ártabra 21 | 10 de Marzo: O crime foi en Ferrol, ... Por Rafael Pillado. | Este texto corresponde co CAPÍTULO 20º.- do libro “O latexo da vida e da conciencia. Memorias Colectivas de Rafael Pillado", editado por Fuco Buxán A. C. | Ferrol - 2012 | ISBN: 978-84-615-7840-5 | 488 Páxinas. | Ir á Web.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon