Festival 'Conspirando por unha Radio Libre', este xoves, 29 de marzo, ao mediodía en Canido.
O Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrará a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol”, “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.
Dende as 12 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos apresentará a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, haberá radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio FilispiM e riquísimos petiscos.
Se ben o “Conspirando” poderá seguirse ao vivo no 93.9 da FM, o Colectivo Opaii! convida a todas a sumarse á festa da radio libre no Centro Cívico de Canido.
Rádio FilispiM, nacida libre.
Evento en facebook: https://www.facebook.com/events/283659278838270/
Colabora na autoxestión de Rádio FilispiM: Triodos Bank, ES06-1491-0001-2120-2936-2023. Titular: Colectivo OPAíí!! [Ondas Para Activación Información Independente - Rádio Filispim].
Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC
FACEBOOK - TWITTER
OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
E-mail: filispina@gmail.com
Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
28 de março de 2018 08:28
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon