O día da solidariedade internacional por excelencia é o 1º de Maio. Son miles as manifestacións que se celebran por todos os continentes, moitas reprimidas polas forzas policiais do poder capitalista. O día do internacionalismo proletario, é un día con historia, conmemora-se por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889.
O 1º de Maio, é o día de lembrar que estamos nun réxime de explotación capitalista mundial que condena a millóns de persoas a unha vida de penurias e sufrimento, sen traballo, sen saúde, sen alimentos, sen teito... a padecer guerras e a vivir nas lixeiras da sociedade opulenta e privilexiada.
Un Primeiro de Maio con olor a greve xeral
Galiza acollerá diversas mobilizacións polo Día internacional da clase obreira
Os sindicatos presentan lemas, motivos e mobilizacións polo Primeiro de Maio, o Día internacional da clase obreira. “Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas” é a palabra de orde da CIG, que convoca manifestacións en 13 cidades e vilas galegas. O sindicato fai un chamamento a camiñar cara a unha greve xeral “no convencemento de que é a resposta necesaria” ante a situación que estamos a vivir.
A CIG alerta do avance da pobreza laboral da precariedade e da temporalidade, de ETTs, de empresas multiservizos, coa imposición dos falsos autónomos … Denuncia que ter un traballo “non garante vivir en condicións dignas” e advirte de que vivimos “tempos de emerxencia nacional e social”. Por isto este Primeiro de Maio a CIG fai un chamamento a camiñar cara unha folga xeral, “conscientes do que significa”, pero no convencemento de que “é a resposta necesaria ante o que estamos a vivir”.
CIG: cara a unha greve xeralConvocatorias:
Pontevedra. Praza da Ferrería 11:30h
Vilagarcía. Casa do Mar 12h
A Estrada. Praza do Mercado 12h
Lugo. Edificio Sindical (Ronda da Muralla) 12h
Ribadeo. Edificio Sindical (Avda. Da Galiza) 12h
A Coruña. Praza de Vigo 12h
Cee. Diante do Concello 12h
Ferrol. Local da CIG - Avda de Esteiro 12h
Compostela. Praza Roxa 12h
Ribeira. Praza do Peixe 12h
Vigo. Dobrada 12h
Cangas. Praza do Concello 18:30h
Ourense. Praza Maior 11:30h
CCOO e UGT: Tempo de gañar
CCOO e UXT convocan diferentes manifestacións co lema “Tempo de gañar”. Estes sindicatos indican que embora a economía española leve catro anos de medre e de que hai máis empresas con beneficios ca antes da crise, “a desigualdade e a pobreza aumentan”.
Convocatorias:
A Coruña. 12:00 horas. A Palloza
Ferrol. 12:00 horas. O Inferniño.
Santiago. 11:30 horas. Alameda.
Lugo. 12:30 horas. Ronda da Muralla.
Viveiro. 12:00 horas. R / García Doriga
Ourense. 12:00 horas. Pavillón sdos Remedios.
Vilagarcía. 12:00 horas. Praza Ravella.
Pontevedra. 12:00 horas. Ferreiría.
Vigo. 12:00 horas. Cruzamento Urzáiz e Vía Norte.
CUT: Unindo loitas cara a folga xeral
"Unindo loitas cara a folga xeral. Pan, Teito e Traballo" é o lema da CUT para este Primeiro de Maio.
Convocatorias:
Vigo- 11:00 h, Praza Fernando Católico
Ourense- 12:00 h, Ponte Romana
Coruña- 12:30 h, Praza de Pontevedra
Compostela- 19:00 h, Praza 8 de Marzo
CNT: Xustiza social e laboral
A CNT convoca manifestación en Compostela. Será ás 12:30 horas e con saída da Praza 8 de Marzo co lema ‘Avanzamos pola xustiza social e laboral’. “CNT quere manter viva a flama da protesta, para manter o pulso ao goberno da mordaza, da conxelación das pensións e salarios, as reformas laborais, a precarización dos servizos e persoal público e o machismo institucional”.
Centrais Sindicais
* Confederación Galaica da - CNT/AIT
* Confederación Intersindical Galega - CIG
* Confederación Unitaria de Traballadores - CUT
* Confederación Xeral do Traballo en Galicia - CGT
* Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - CCOO
* Unión Xeral de Traballadores en Galicia - UGT
* Unión Sindical de Traballadores Galegos - USTG
Confederacións Internacionais
* Federación Sindical Mundial - FSM
* Confederación Sindical Internacional - CSI
* Asociación Internacional dos Traballadores - AIT
* Global Unions
* Confederación Europea de Sindicatos - CES
Outras centrais sindicais de interese
* Intersindical-Confederació Sindical Catalana - Intersidical-CSC
* Intersindical Portuguesa - CGTP
* Sindicato Andaluz de Traballadores/as -SAT
* Corrente Sindical de Esquerdas -CSI
* Coordinadora Obreira Sindical -CSI
Fonte: Propia e do Sermos Galiza, baixo licenza Creative Commons. | O 24 Abril de 2018.
____
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon