A Plataforma na Defensa das Pensións Públicas Ferrolterra, convoca unha concentración o luns 16 de abril, ás 8 da tarde no Cantón de Ferrol, como noutras cidades da Galiza, nunha acción conxunta en coordinación co Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións, a Coordinadora Estatal Defensa das Pensión Públicas e decenas de plataformas, coordinadoras, colectivos...
A mobilización vai ter lugar en coordinación con máis de cincuenta convocatorias en cidades de todo o territorio, pobos e nacións do Estado, multitude de plataformas e colectivos auto-organizados para a defensa do sistema público de pensión, despois de anos de abandono, e incluso de agresión, por parte do Goberno español e a adopción de medidas que ían dirixidas á súa substitución en parte por plans de pensións privados, a súa diminución dentro das contas do Estado e a súa transformación nun sistema de subsistencia.
Non imos cesar no empeño da defensa do sistema público de pensións e do seu blindaxe constitucional. E tampouco imos deixar o destino do mesmo nas mans de quen no pasado participaron de algúns dos ataques que se produciron contra ese sistema: reformas de 2011, 2013 e últimas reformas laborais.
Chamamos a toda a cidadanía, pensionistas, aos traballadores e traballadoras en activo, ás persoas en desemprego e á xente nova que está preparándose para entrar no tecido produtivo, a participar nesta concentración. A defensa do Sistema Público de Pensións afecta-nos a todas. Somos inmensa maioría quen queremos un sistema que asegure o futuro das persoas cando cheguen á idade de dar paso a novas xeracións con mellor preparación e novas forzas para asegurar o desenvolvemento da nosa sociedade.
COMUNICADO UNITARIO DA PLATAFORMA NA DEFENSA DAS PENSIÓN PÚBLICAS FERROLTERRA
Ante a dinámica mobilizadora da sociedade en defensa dun Sistema Público de Pensións digno, que foi traducida nas masivas Manifestacións e Concentracións en todo o Estado, o Goberno veuse obrigado a dar unha resposta e mover ficha, aprobando este proxecto con medidas que desde o noso punto vista estimamos totalmente INSUFICIENTES e que non abordan a problemática actual do Sistema, demostrando unha vez máis que o proxecto político e social do Goberno de M. Rajoy e os seus socios que o sustentan está completamente esgotado.
1.- Cualificamos como vergoñentas e insuficientes as “medidas estrelas” relacionadas no “proxecto orzamentario” en relación á subida ata o 3% para as pensións máis baixas e as supostas melloras para as pensións de viuvez, xa que eran extremos que estaban comprometidos desde a reforma das pensións do 2011 pero que se negaron a aplicar ata agora e todo coincidindo (por casualidade?) coas nosas mobilizacións.
2.- Que as medidas expostas polo goberno no proxecto NON se corresponden en ningunha maneira e en ningún caso ás nosas reivindicacións, xa que o noso proxecto como Plataforma que xorde á calor da preocupación da cidadanía polas falacias e ameazas creadas ao redor da insostibilidade do sistema público de pensións vai moito máis alá da proposta do Goberno, esixindo:
>>> Unha pensión digna, equiparando a pensión mínima ao salario mínimo interprofesional, cunha subida mínima do 8% (porcentaxe idéntica ao que subiu en 2017 o SMI, todo iso por xustiza e equidade social, con idea de avanzar cara a unha pensión mínima de 1080 € que garanta con dignidade a vida en relación cos criterios da Carta Social Europea.
>>> Incremento de Pensións Non Contributivas e subsidios do 8%, así como os subsidios para maiores de 52 e 55 anos na mesmo porcentaxe. - Incremento de “todas” as pensións en porcentaxe igual ou por encima do IPC, empezando polo 1,9% perdido no 2012.
>>> Manter o Sistema da Seguridade Social tal e como está (sistema de reparto e solidario) e en caso de necesidade recorrerase aos Orzamentos Xerais do Estado.
>>> Blindaxe constitucional das actualizacións das Pensións públicos.
>>> Non aos intentos de privatización das pensións e dos servizos públicos. Por iso esiximos a eliminación das desgravacións fiscais para os Plans de Pensións Privados. Ademais, opoñémonos rotundamente a calquera directiva que poida ser imposta aos estados membros da Comunidade Europea que poida favorecer a constitución destes plans e fondos privados. (PANEUROPEO)
>>> Así mesmo reiterámonos en solicitar a derrogación das reformas dos anos 2011 e 2013 tan lesivas para a clase traballadora en xeral e para aensionistas en particular, pedindo o restablecemento da xubilación aos 65 anos, e a non entrada en vigor do factor de sustentabilidade prevista para o próximo ano, que liga a contía da pensión á esperanza de vida do pensionista.
>>> Eliminar os topes das bases de cotización para incrementar os ingresos do sistema e a xubilación con menos de 65 anos sen penalizar con coeficientes redutores para cotizacións de máis de 40 anos.
>>> Ante a rebaixa fiscal anunciada no proxecto de Presupostos Xerais do Estado que eximirá do pago ás rendas inferiores 14.000€, o certo é que boa parte dos pensionistas maiores de 65 anos xa non tributan ata esa cantidade.
>>> Mellora das Políticas sociais e socio-sanitarias .
>>> RENDA BÁSICA para as persoas en risco de exclusión social.
>>> Eliminación dos COPAGOS sanitarios.
>>> Participación de representantes de nosas Plataformas nas Mesas das Pensións públicas.
Por todo iso e máis, continuaremos na loita e DEFENSA POR UN SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS DIGNO e non pararemos as mobilizacións que hoxe máis que nunca fanse necesarias.
Desde aquí facemos un chamamento ao pobo, mulleres e homes, novos e pensionistas, para que loiten e participen connosco nas próximas mobilizacións convocadas;
“As Pensións Públicas son un dereito gañado e pagado”.
Que non che rouben a túa pensión, Que non che rouben o teu futuro!!
A UNIDADE DA CIDADANÍA É A CHAVE !!
Para contactar coa Plataforma:
Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
15 de abril de 2018 09:15
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon