mércores, abril 11, 2018

Concentración de protesta pola actuación da compañía israelí Mayumana en Ferrol, contra o silencio ante a nova masacre criminal por parte do exercito israeli na franxa de Gaza, utilizando munición de guerra contra persoas que se manifestaban pacíficamente en defensa do seu dereito a voltar á terra da que foron expulsados... - Diante do Auditorio de Ferrol, en Caranza, o venres 20 de Abril, ás 20:30 horas


[BOICOTE] Adhesión ao comunicado pola actuación de Mayumana en Ferrol

​A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra súmase á Campaña de BDS-Galiza, e convoca a cidadanía á concentración​ que terá lugar fronte ao Auditorio de Ferrol, o venres 20 de Abril, ás 20,30 horas.

Desde BDS-Galiza enviamos comunicado da campaña de boicote contra a próxima actuación da compañía israelí Mayumana no Auditorio de Ferrol.

Nas últimas semanas, o exército de Israel perpetrou na Faixa de Gaza unha nova masacre criminal utilizando munición de guerra contra persoas que se manifestaban pacificamente en defensa do seu dereito a voltar á terra de que foron expulsadas violentamente hai agora 70 anos. Nesta altura xa son millares as persoas feridas (moitas delas crianzas) e as mortas máis de 32, asasinadas por disparos de franco-atiradores de Israel, algunha polas costas.

O silencio da comunidade internacional e a normalización da ocupación son cómplices da limpeza étnica e o xenocidio do pobo palestino.

Nesta situación, e tomando en conta que para Israel, a cultura é un instrumento de propaganda que procura esconder a brutalidade da ocupación, pedimos ao concello de Ferrol que cancele o concerto previsto para os días 20, 21 e 22 de abril e a toda a cidadanía que se una á campaña de Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel e nos acompañe nunha nova acción de denuncia da complicidade co terrorismo sionista.

A compañía israelí MAYUMANA, cómplice da ocupación Palestina,
NON É BENVIDA EN FERROL

A CAMPAÑA BDS E O BOICOT CULTURAL

En xullo de 2005, unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo a practicaren o boicot aos produtos de Israel e a póren en marcha iniciativas de Desinvestimentos e Sancións ao Estado Sionista” como medida de presión para acabar coa cada vez mais sanguenta limpeza étnica en Palestina. A campaña persegue a fin da ocupación e a colonización, o desmantelamento do ilegal muro que divide Palestina, a fin do apartheid e o respecto do dereito ao retorno. Unha iniciativa civil inspirada na tradición do combate non violento contra a inxustiza que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina e en que tod@sd podemos colaborar.

Para Israel, a cultura é un instrumento de propaganda que procura esconder a brutalidade da ocupación, dos asentamentos de colonatos ilegais, do apartheid e a limpeza étnica. O Ministerio de Asuntos Estranxeiros financia xenerosamente ás empresas artísticas que "promoven os intereses da política"  do Estado de Israel, ao tempo que persegue con furia calquera expresión disidente.

Por iso, artistas e eventos promocionados por institucións israelís contribúenvoluntaria ou involuntariamente coa súa artea lavar a imaxe de Israel e a lexitimar a violencia contra o pobo palestino. Mais por iso tamén son milleiros @s artistas do mundo que se negan a cooperar con tamaño engano, que dan o seu apoio ao boicot e os comprometen a non actuar en Israel: Roger Waters, Coldplay, Faithless, Lauren Hill...

MAYUMANA

Mayumana é unha compañía israelí que ten a súa sede en Jafa, poboación palestina que sufriu o exilio forzado e violento de 70.000 habitantes en 1948, á quen non se recoñece o dereito ao retorno. Despois da limpeza étnica das súas rúas e da destrución do seu patrimonio cultural palestino, Jafa (distrito municipal de Tel Aviv) é a sede de artistas israelís que non cuestionan os seus privilexios sobre a poboación palestina, normalizando a ocupación e contribuíndo a borrar as pegadas palestinas do territorio.

Forma parte da folla de parra atrás da que Israel oculta os seus crimes. A pesar de definirse como grupo independente, a revista "En la red", do Ministerio de Exteriores Israelí, define o grupo como “O ritmo de Israel: compañía que reflicte as raíces, o dinamismo e a modernidade da realidade israelita", ao tempo que a Embaixada de Israel no Estado Español dá publicidade e ofrece desconto nas súas actuacións. Con todo, o ritmo dos tambores de MAYUMANA contribúe a facer esquecer o estrondo dos disparos e as bombas en Gaza.

Mayumana declara que se centra nos seus espectáculos, mentres mantén un silencio que non pode ser considerado inocente sobre a política xenocida do Estado de Israel. Ante a continua isolación de dereitos humanos, “ser neutral signifca escoller o lado do opresor” (Deomond Tutu). Nós, non queremos ser cómplices do sionismo e a ocupación.

Por todo isto, pedimos ao Concello de Ferrol que cancele o concerto previsto para os días 20, 21 e 22 de abril e a toda a cidadanía que se una a este potente movemento solidario que nos permite a todas colaborar coa resistencia xusta do pobo palestino.

A limpeza étnica, a ocupación e o terror de Israel non son benvidos en Ferrol!

CONCENTRACIÓN: o venres 20 de abril, no Auditorio de Ferrol, ás 20.30 h.


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza



Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
11 de abril de 2018 10:36

_________

1 comentarios so far

Soy un integrante del elenco de Mayumana Rumba,te puedo decir que no hay ninguna ayuda del gobierno israelí, ninguna.Que somos todos españoles ,no hay ningún israelí trabajando aquí, y que bastantes apoyamos la causa palestina.De hecho hay árabes musulmanes entre nuestro elenco.Lo único que intentamos es ganarnos la vida con nuestro arte que es bastante difícil en nuestro país.
Por otro lado he de decir que el pueblo israelí no es la política de sus gobernantes ,ellos también están cansados de guerras,la gente es gente en todos lados.
Igual deberías pensar en no subiros en un avión de emirates porque vienen de un país islámico que apoya el sometimiento a la mujer o bien no comprar productos chinos porque favorecen la explotación infantil.Creo que todo es más complicado que hacer un boikot en la puerta de un teatro donde la gente que va a pasar el mal rato no tiene nada que ver con esto.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon