Convocatoria de Asemblea para a defensa das Pensión Públicas Xoves 5 de abril 2018
A Coordinadora da Plataforma- Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra
CONVOCA unha ASEMBLEA cidadá aberta este vindeiro Xoves, 5 de abril, ás 18 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero do barrio do Inferniño.
A Coordinadora proporá a Asemblea convocar unha CONCENTRACIÓN cidadá para o vindeiro día 16 de abril na Praza da Constitución, coincidindo coas mobilizacións convocadas en todo o estado como medida de protesta ante a falta de resposta do goberno sobre a actualización das pensións públicas pola perda de poder adquisitivo.
A Coordinadora considera que as últimas medidas do goberno anunciando unha subida das pensións mínimas son ridículas e insuficientes diante da perda de poder adquisitivo durante estes anos. Trátase dunha burla as persoas maiores e denunciamos que este empobrecemento das pensións está ligada ao mesmo empobrecemento dos salarios das traballadoras e traballadores, provocada pola REFORMA LABORAL e a falta de implicación dos representantes políticos e sindicais.
Rexeitamos que as Administracións colaboren, subvencionen ou fomenten as Pensións e Seguros Privados. Pensamos que é necesario BLINDAR os DEREITOS constitucionais das pensións e equiparar as pensións mínimas aos criterios da carta europea que fixa un salario digno mínimo de 1.080 €.
Na Asemblea discutiremos tamén a proposta dun borrador de MOCIÓN a presentar no Concellos da comarca de Ferrol, a partir doutras parecidas nos concellos galegos.
Finalmente trataremos de fomentar a entrada voluntaria de mulleres na Coordinadora na busca dunha presenza máis equilibrada de xéneros no funcionamento dos instrumentos dos que nos estamos a dotar para a coordinación do movemento de defensa das pensións públicas.
A Coordinadora .-
Para contactar:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
3 de abril de 2018 17:59
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon