martes, abril 03, 2018

'Actualidade de Marx', conferencia de Franscisco Sampedro en Ferrol, presentada por Iolanda Teixeiro no Ateneo Ferrolán, o mércores 11 de abril


"Actualidade de Marx", unha conferencia de Franscisco Sampedro en Ferrol.

Día: mércores 11 de abril de 2018.
Hora: ás 19:30 horas.
Lugar: Salon de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 232, Baixo)
Organizada por: LiGanDo (organización política).
Presenta: Iolanda Texjeiro Rei.[*]

Francisco Sampedro Ojeda, -A Coruña en 1956, é un filósofo galego. Doutor en Filosofía e catedrático de Ensino Medio, e autor de ensaio filosófico e crítica literaria e política. A súa tese de doutoramento O imaxinario ideolóxico (1995) parte da ambigüidade e equivocidade do termo ideoloxía, para analizar os dous usos teóricos que comunmente se recoñecen: uso descritivo ou euloxístico, e uso pexorativo, como falsa conciencia. Mostra a pertinencia deste último uso para a análise do estatuto filosófico que a ideoloxía posúe no que varios autores recoñecen como a episteme do século XX, constituída polos discursos de Nietzsche, Marx e Freud. Pescuda o concepto de ideoloxía en Bacon e na Ilustración, e o nacemento da ideoloxía como ciencia das ideas en Desttut de Tracy, a teoría conservadora (Pareto, Sorel, Nietzsche...), o fenómeno da inversión ideolóxica en Marx e a teoría da ideoloxía de Althusser.

Á análise do concepto de ideoloxía dedicou os seus traballos Alain Badiou: filosofía, ideoloxía e suxeito, A tinta da xibia (sobre Barthes e a teoría marxista da ideoloxía) e Gianni Vattimo: debilidade e ideoloxía.

Traduciu e introduciu as edicións galegas de D'un désastre obscur de Alain Badiou; L'existencialisme est un humanisme de Jean-Paul Sartre, e Robespierre: une politique de la philosophie de Georges Labica. Ténse ocupado tamén da análise cultural e filosófica da obra de Vicente Risco (O nihilismo do inadaptado) e Rafael Dieste (Sobre a vella pel do mundo).

É correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes e membro do consello de redacción d' A Trabe de Ouro.

+ Info na Galipedia.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Sampedro

No facebook
https://www.facebook.com/francisco.sampedroojeda

[*] Iolanda Texjeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista, articulista (Diario de Ferrol, Sermos Galiza, ...) e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. e profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter.
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon