Lídia Senra denuncia na Comisión Europea as verteduras da depuradora de Ponteareas ao río Tea. | A eurodeputada rexistra un escrito instando á CE a emprender as accións necesarias para que deixe de danarse dunha vez esta zona Rede Natura 2000. | Critica que aínda a día de hoxe siga habendo un mal tratamento das augas residuais a pesar do procedemento europeo sancionador de hai dez anos.
A eurodeputada galega Lídia Senra ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) as continuas verteduras de augas sen depurar que realiza a depuradora de Ponteareas ao río Tea. Senra rexistrou esta mesma mañá unha pregunta por escrito dirixida á CE, na que informa ao ente comunitario de que a pesar das moitas denuncias que se teñen tramitado por parte de diversas organizacións ante a Garda Civil, a Consellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o propio Concello de Ponteareas, a depuradora continúa vertendo “en grandes cantidades auga sen tratar correctamente a este espazo que forma parte da Rede Natura 2000".
A europarlamentaria insta á CE a ver as imaxes gravadas en vídeo hai uns meses polo grupo ecoloxista Adenco[1], que provocaron a apertura dun expediente sancionador[2] ao Concello por parte da Confederación Hidrográfica, e lembra que esa situación súmase á xa acontecida no ano 2013, cando xa lle impuxo ao ente municipal unha multa que ascendía a 84.000 euros por vertidos semellantes. “Queda comprobado que as multas non están a ser efectivas, e que a pesar das grandes cantidades de diñeiro público que o Concello gasta en afrontar esas sancións, o problema non se soluciona e as augas siguen a contaminar o río ano tras ano”, lamenta.
Así, Lídia Senra lembra tamén como xa fai unha década a Comisión Europea levou a cabo un procedemento de infracción[3] contra o Estado español por non cumprir a Directiva 91/271/CEE[4] sobre o tratamento da saugas residuais urbanas en Ponteareas. E tendo en conta que a situación de contaminación na zona non está arranxada, pregúntalle á Comisión Europea se ten previso emprender algún tipo de nova acción para evitar dunha vez que este espazo natural de importancia comunitaria continúe a ser danado. Senra pregunta a CE está investigando xa ou vai investigar a situación e reclama unha solución efectiva xa.
Santiago, 18 de abril de 2018.
Adxuntamos copia da pregunta rexistrada na Comisión Europea
[1] https://www.facebook.com/adenco/videos/1464663860298465/
[2] https://www.20minutos.es/noticia/3263544/0/confederacion-mino-sil-abre-expediente-sancionador-ponteareas-por-vertidos-al-rio-tea-desde-depuradora/
[3] http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2009-0538+0+DOC+XML+V0//PT
[4] https://eur-lex.europa.eu/legal-content/PT/TXT/PDF/?uri=CELEX:31991L0271&from=ES
__________
Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez
Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
18 de abril de 2018 12:59
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon